UNIVERSIDADE DE VIGO
Día Mundial da Pesca: "Temos que coidar os mares, é a nosa responsabilidade"
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
A Xunta de Galicia reforzará este ano as súas políticas hidráulicas ao mobilizar máis de 70 millóns de euros, unha cifra un 4% superior á de 2024, a través da concesión de axudas directas especialmente dirixidas aos concellos —que medran neste caso un 150%— e da execución de decenas de proxectos estruturais que contribúan a mellorar os servizos de saneamento, depuración e abastecemento no conxunto da Comunidade. Así se recolle no informe presentado ante o Consello da Xunta e que dá conta da estratexia de apoio de Augas de Galicia ás entidades locais para este ano 2025 co fin de seguir avanzando na profesionalización da xestión dos recursos hídricos.
Aínda que os servizos de abastecemento e de saneamento á cidadanía son, por lei, unha competencia municipal, a realidade de moitos concellos, especialmente a dos máis pequenos ou con poboacións dispersas, impide que poidan afrontar con autonomía os actuais retos en materia de infraestruturas hidráulicas, eficiencia, calidade da auga e cumprimento das esixencias normativas europeas e estatais.
Por iso, a Xunta, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia, leva anos prestando o seu apoio estratéxico e sostido no tempo ás entidades locais, complementando na actualidade os tradicionais proxectos de envergadura e de carácter estrutural con outro tipo de accións, directas ou indirectas, puntuais e moi eficaces como poden ser o financiamento de auditorías, plans de mellora e pequenas obras en rede que permiten actuar de xeito áxil, eficaz e con impacto inmediato.
Neste contexto, o Goberno galego deu un salto cualitativo e cuantitativo en 2025 na súa estratexia de apoio aos concellos en materia de xestión da auga. Así, por unha banda mantéñense e mesmo se amplían os investimentos destinados a grandes actuacións hidráulicas (redes de abastecemento, potabilizadoras, sistemas de depuración ou obras en zonas rurais), e por outra, refórzase a liña de traballo orientada a realizar ou promover pequenas accións pero cun alto impacto a nivel local xa que permiten resolver problemas puntuais e concretos como perdas de auga, infiltracións ou deficiencias nas redes, optimizando deste xeito o uso dos recursos e mellorando a eficiencia da xestión.
Concellos, comunidades de usuarios, asociacións ambientais e particulares recibirán este ano 7,23 millóns de euros
En concreto e unha vez resoltas as convocatorias de 2025 de todas as liñas de subvencións de Augas de Galicia, o balance será de 7,23 millóns de euros concedidos para apoiar sobre todo a concellos pero tamén a particulares, comunidades de usuarios e asociacións ambientais na mellora de distintos sistemas de abastecemento e saneamento, unha contía que representa un incremento de máis do 50% fronte aos 4,7 millóns outorgados por esta mesma vía o ano pasado.
Das 8 ordes de incentivos convocadas polo organismo hidráulico autonómico en 2025, 5 ían dirixidas especificamente a entidades locais e foron tamén as máis exitosas, cun total de 233 axudas concedidas por importe de 6,4 millóns de euros (é dicir, un 150% máis que en 2024). Entre elas, destacan as 46 achegas destinadas este ano a realizar auditorías municipais de abastecemento e as 60 que permitirán comprobar o estado doutras tantas redes de saneamento. Estas dúas liñas de axudas estaban dotadas inicialmente dun orzamento total de 0,7 millóns de euros pero Augas de Galicia duplicou esta cifra ata chegar aos 1,4 millóns para garantir que se atendera o maior número de solicitudes recibidas.
As outras ordes que recibiron unha mellor acollida por parte das entidades locais galegas foron as dúas destinadas a financiar a execución de pequenas obras e intervencións para minimizar as perdas de auga e reducir as infiltracións nas redes de saneamento. Dotadas cada unha de 2,5 millóns de euros, ambas convocatorias saldáronse cunha execución do 100% pero, a maiores, Augas de Galicia tamén asumiu de forma directa a realización e financiamento dalgunhas actuacións puntuais co mesmo fin, polo que o investimento destinado a este capítulo ascende a 5,7 millóns de euros.
Así mesmo e aínda que dirixida neste caso ás comunidades de usuarios que xestionan e se ocupan do mantemento das súas propias traídas de auga, a convocatoria de axudas para apoiar a este tipo de entidades na mellora das súas instalacións tamén esgotou practicamente o crédito, con 482.000 euros concedidos dos 500.000 euros dispoñibles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIVERSIDADE DE VIGO
Día Mundial da Pesca: "Temos que coidar os mares, é a nosa responsabilidade"
NUEVAS MODALIDADES CINEGÉTICAS
La Xunta instará a cazadores de zonas con más granjas porcinas a cubrir su límite de ejemplares a capturar
VIOLENCIA MACHISTA
Interior insiste en que Galicia pague el 50% de su Policía Adscrita
ACCIDENTE DOMÉSTICO
Muere una mujer al caerle encima una nevera en su casa en Santiago
Lo último
PROPUESTA DE EEUU
La segunda fase del plan para la paz en Gaza, “más próxima”
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 8 de diciembre