NUEVAS COMPETENCIAS
La Xunta, pionera en formar en violencia de género digital
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
A figura de Begoña Caamaño será a gran protagonista do Día das Letras Galegas 2026, un recoñecemento que pon en valor a súa achega ao xornalismo, á literatura e ao feminismo galego. A autora viguesa deixou unha fonda pegada tanto nos medios de comunicación como na narrativa galega contemporánea, convertendo a palabra nunha ferramenta de compromiso social e reivindicación da igualdade.
Naceu no barrio do Calvario, en Vigo, o 14 de outubro de 1964. Caamaño desenvolveu desde moi nova unha mirada crítica influenciada polas lecturas clásicas como Homero ou Eurípides, reinterpretadas desde unha perspectiva feminista. Durante a década dos 70 iniciou tamén o seu activismo estudantil en mobilizacións como as protestas dos “Pases pro bus”.
Aínda que se graduou en Maxisterio pola Escola Universitaria CEU de Vigo, pronto orientou a súa carreira cara ao xornalismo. Entre 1986 e 1989 traballou en Radio Noroeste e Radio Popular (COPE) en Vigo, ata incorporarse en 1989 á Radio Galega, onde desenvolvería gran parte da súa traxectoria profesional como redactora de informativos e programas culturais en Santiago de Compostela.
O seu compromiso coa comunicación pública e co feminismo estivo sempre presente. En 1997 impulsou a Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), e entre 2000 e 2003 presidiu o Comité Interempresas da CRTVG, defendendo os medios públicos e denunciando a manipulación informativa. Tamén colaborou en numerosas publicacións, entre elas El Sol, A Nosa Terra, Novas da Galiza, Tempos Novos e a revista feminista Festa da Palabra Silenciada.
A escritora acadou un grande recoñecemento literario coas novelas “Circe ou o pracer do azul” (2009) e “Morgana en Esmelle” (2012), obras nas que revisou mitos clásicos desde unha óptica feminina e crítica. Nelas abordou cuestións como a liberdade, o desexo, o poder ou a ética política, converténdose nunha voz singular da literatura galega contemporánea.
A súa segunda novela recibiu importantes recoñecementos, entre eles o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción e o premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega á mellor obra narrativa, ambos en 2012, ademais do Premio da Crítica e do Premio Losada Diéguez.
En 2012 foi diagnosticada dunha grave enfermidade e faleceu en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, aos 50 anos. O seu legado, porén, permaneceu moi vivo na memoria colectiva galega. En 2015 recibiu unha homenaxe multitudinaria baixo o nome de “Begoniísima”, e en xuño de 2025 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026, recoñecendo o seu impacto na lingua, na literatura e no feminismo galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS COMPETENCIAS
La Xunta, pionera en formar en violencia de género digital
SIN GRAVEDAD EN LAS HERIDAS
Detenido tras una persecución y dejar dos agentes heridos tras embestir a un coche patrulla en Vigo
BILLETE DE LOTERÍA
Alerta en Galicia por el repunte de las estafas del "tocomocho"
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
La España diversa
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
El eco de Molgas e outras distraccións
Afonso Vázquez-Monxardín
Sobre chuletas, etc
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 6 de junio