CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril
O agora detido é supostamente o home que sobre as nove da noite do pasado sábado, na praza de Galicia de Mugardos, tras chamar a atención dunhas persoas que charlaban entre si na beirarrúa, o que ao parecer lle molestaba, discutiu agresivamente cunha delas, segundo explica o Instituto Armado.
A continuación, e lonxe de atender as pretensións do agredido para que se calmase, sacou unha navalla, púxolla no colo e logo tratoulla de cravar no ventre a súa vítima.
Desta forma chegouse a un forcexo que continuou no chan e que finalizou cando feriu á vítima coa arma branca nas costas, provocándolle unha hemorraxia que precisou o auxilio de varios cidadáns que lle colocaron uns apósitos ata que unha ambulancia o trasladou a un centro hospitalario ferrolano, onde quedou ingresado con prognóstico reservado.
O luns, tras recibir a alta hospitalaria, o agredido formalizou a súa denuncia ante o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil, que xa investigaba os feitos e que tiña identificado o agresor, aínda que descoñecía o seu paradoiro xa que estaba ausente do seu domicilio dende había varios días.
Ese mesmo luns o fuxido compareceu, voluntariamente e acompañado polo seu avogado, no cuartel da Garda Civil de Mugardos, onde foi detido como suposto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños