CONCENTRACIÓN DE PROTESTA
La moción en Lugo provoca un rifirrafe en el Parlamento de Galicia
COSTUMBRISMO
En cada aldea ou pobo de Galicia, xeracións enteiras de sabios foron conformando o seu particular libro de estilo. Un compendio de frases, sentenzas e expresións clarividentes e con gancho, perfectas para que os mozos, na sobremesa da comida do domingo, deámonos conta de que os avós galegos son os nosos mellores coaches.
>"Hoxe non estou nada ben" (A típica resposta ao "Que tal avoa?" mentres a saúdas dándolle dous bicos)
>"Estás de bon ano" (Se che din isto, preocúpate, é posible que gañases algún quilo ultimamente. Mellor non tomes prostre)
>"Mentras falas non comes" (Coa comida non se xoga)
>"Non deixedes a vergonza do galego" (En alusión ao último anaco de carne asada que queda na bandexa)
>"Seguro que quedaches con fame. Fágoche un bisté?" (Un clásico tras acabar o segundo prato, mentres tentas buscar un pouco de aire desabrochando o cinto)
>"Bótame só a metade d'iso" (Outro must das avoas, á hora de servir as racións de torta. Por suposto, despois acabará repetindo unha ou dúas veces máis)
>"Non me cabe nin unha cereixa" (Os avós coñecen os seus límites)
>"Quedei coma un pepe" / "Quedei coma un reló" / "Comin coma un bispo..." (Ah, a satisfacción do deber cumprido)
>"Aproveitade, que destas Nadal/Entroido/Semana Santa/... non paso" (A miña avoa leva dicindo isto dende aproximadamente 1997, mentres saca a pasear a carteira para dar propina aos netos)
>"De hoxe nun ano/ Deiquí nun ano/... " (Os brindes dos avós galegos)
>"E que cho reparta ou corpo" (Outro clásico das sobremesas)
>"Xa comín vou durmir" / "Marcho que teño que marchar" / "Xa é moita hora" (Porque os avós galegos, cando queren irse á súa casa ou a botar a sesta, vanse)
>"Come, estuda e faite bo" / "Ou aprobas ou vas coas ovellas ao monte" (Os seus plans educativos son sinxelos)
>"Tose pr'alá" (Moito antes da crise da COVID, eles xa tiñan os seus propios protocolos sanitarios)
> "Veña home veña" / "Me cago na cona que che pariu" / "Pasa que ceas" / "Mal raio che parta" (Ollo cos cabreos dos avós, ollo)
> "Non sexas badanas"
>"Agora xa foi"
>"Chegar e encher"
>"Madia leva"
>"Pon roupa interior limpa" (...Porque nunca sabes cando terás que ir a Urxencias)
> "Outra vaca non millo" (Outro que tal baila!)
>"Amiguiño si, pero a vaquiña polo que vale" / "Polo pan baila o can" (A desconfianza, algo moi de aquí)
>"Malo será" / "E ti, de quén ves sendo?" / "Nunca choveu que non escampase" / "Manda carallo" (Catro frases que están no noso ADN)
>"Xa viña ben unha auguiña" (Afeitos á choiva, os avós miran co xesto torcido ao ceo se pasa máis dun día sen que aparezan as nubes)
>"Que non falte traballo" (Moito antes da crise, a cuestión laboral era preocupación número 1 no CIS das aldeas galegas)
>"Morra o conto" (Bo final para pechar calquera discusión)
>"Nin arre nin xo" (Es-pa-bi-a)
>"Con sentidiño" (A frase clásica de calquera avó mentres ve ao seu neto coller as chaves para saír o sábado á noite)
>"Quen ten cú ten medo" (Unha reflexión vital que ríete ti de Boyhood)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCENTRACIÓN DE PROTESTA
La moción en Lugo provoca un rifirrafe en el Parlamento de Galicia
CRUCERO MV HONDIUS
Un gallego, entre los viajeros del crucero con hantavirus
Lo último
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Bruselas alerta de una posible crisis energética “sin precedentes”
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno