LISTADO COMPLETO
Buscador | Consulta aquí las 506 zonas de baño en Galicia 2026
Miles de persoas abarrotaron a Praza do Obradoiro de Santiago neste luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, durante o transcurso dun acto convocado pola plataforma Queremos Galego para reivindicar o uso do idioma propio fronte ás políticas lingüísticas da Xunta.
Múltiples colectivos sociais, sindicais e políticos secundaron esta protesta celebrada desde as 12,00 horas no centro neurálxico do centro histórico compostelán, onde soaron con forza as xa habituais consignas: "En Galicia, en galego!".
Esta mobilización, habitual do 17 de maio, configurouse como a cara oposta aos actos institucionais do Día das Letras Galegas organizados pola Real Academia Galega (RAG) e coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este ano se centralizaron en Vigo por ser a cidade onde desenvolveu gran parte da súa vida Xela Arias, poeta á que se dedica a festividade neste 2021.
Este evento de Queremos Galego, de marcado carácter festivo e reivindicativo, estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, entre outros cargos de ambas as formacións políticas.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta que acabe coas súas "políticas lingüicidas" para así poder "abrir unha nova etapa" na que se " desconfine" o idioma galego.
Así se pronunciou a líder nacionalista en declaracións aos medios antes de participar no acto convocado pola plataforma Queremos Galego. "Estamos aquí miles de persoas para reivindicar o orgullo de ter unha lingua propia, sendo conscientes de que o futuro do galego é tamén o futuro dunha Galicia máis forte", asegurou.
Por iso, Ana Pontón chamou a "seguir traballando para que o galego gañe espazos" e "normalidade", porque iso "é sinónimo de vitalidade para o país".
Mentres, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou á Xunta que articule políticas de "discriminación positiva" non só para a lingua galega #ante a perda de falantes, senón tamén para o sector cultural tras o golpe da crise covid.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LISTADO COMPLETO
Buscador | Consulta aquí las 506 zonas de baño en Galicia 2026
CONSULTA EL PROGRAMA COMPLETO
Vigo afronta este sábado el gran desfile del Día de las Fuerzas Armadas tras una espectacular jornada naval en la ría
OPERACIÓN POLICIAL
Detienen en Portugal al exdirigente socialista coruñés Emilio Vázquez
Lo último
SUPUESTOS NARCOTERRORISTAS
Un nuevo bombardeo estadounidense sobre una lancha en aguas del Pacífico deja tres muertos
ENCUENTRO MILITAR
Cuba y Estados Unidos mantienen sorpresiva una reunión en Guantánamo