GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
PROXECTO CULTURAL
Con motivo da conmemorción do Día Internacional das Mulleres, que se celebra cada 8 de marzo, a Xunta de Galicia lanzou a campaña “O Noso Canto: todas xuntas resoamos máis forte”. Trátase dun proxecto cultural único no que se reúnen máis de 30 artistas galegas e un equipo de produción composto na súa totalidade por mulleres para dar visibilidade á forza interxeracional do feminismo a través dun único sentir: a igualdade de xénero real e efectiva.
O Goberno galego emprega a música como ferramenta para transmitir a importancia da unión de todas as mulleres para seguir avanzando cara unha Galicia cada vez máis igualitaria. O Noso Canto, composta por Belém Tajes, xorde da unión de dúas cancións, Aperta e Latexo, que baixo diversos estilos e interpretadas por distintas xeracións, ao fusionarse transmiten unha mensaxe clara: “Todas xuntas resoamos máis forte”.
Xeración tras xeración, as mulleres galegas son protagonistas en múltiples eidos da sociedade, e se hai unha forma de expresión universal que nos permita transmitir esta mensaxe con emoción e unanimidade, esa é a cultura e máis concretamente, a música.
Latexo está protagonizada por artistas emerxentes e sons de pop experimental, coas voces principais de Yoly Saa e Sabela Ramil, e na que participan de forma coral Nastashia Zürcher, Catuxa Salom, Carolina Rubirosa, Leticia Rey, Icía Varela, Sara Nebra, Claudia Abril, Ana Moas, Sara Gimeno. A elas súmanse as voces brancas de Amelia, Aitana, Aroa, Celtia, Grecia e María. Belém Tajes, a creadora da composición, participa tamén nos sintetizadores e recitado inicial.
Aperta conta coas voces consolidadas de Rosa Cedrón, Uxía Senlle e Lucía Pérez, e os sons de pop folk que lle proporcionan Caamaño&Ameixeiras (acordeón e violín), Bea Martínez (arpa céltica), Anaïs Barbier, María Jorge do grupo Caldo (pandeireta e violín) e catro das integrantes de Adufeiras de Salitre (Bea Mariño, Carolina Vázquez, Iria López e María Pardo).
O proxecto conta coa colaboración especial de Genara Méndez, unha das cantareiras de referencia da cultura tradicional galega, en representación de todas as mulleres que serán homenaxeadas o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.
O Noso Canto nace co obxectivo de converterse nun símbolo da unión interxeracional do feminismo e poderase escoitar ao completo en todas as plataformas a partir de hoxe mesmo. Co son do acordeón e violín, pandeireta, pandeiros e arpa céltica, o proxecto converteuse nun diálogo musical único e cheo de maxia que busca representar a todas as mulleres galegas.
Distintos estilos, distintas xeracións, cada unha coa súa personalidade. “Aperta” e “Latexo” por separado soan ben pero unidas, crean unha composición única e que pretende dar voz ás mulleres galegas. Tal e como reza o lema da campaña, cando se trata de reivindicar a igualdade real e efectiva, “todas xuntas resoamos máis forte”. Por iso O Noso Canto é máis que unha canción: é un proxecto cultural colectivo, sen precedentes, creado íntegramente por mulleres para toda a sociedade galega.
Nos últimos días, os galegos xa puideron gozar dun adianto a través das redes sociais de @igualdadegalicia e a páxina web onosocanto.gal, onde tamén están dispoñibles Latexo e Aperta, as dúas pezas que ao fusionarse conforman esta canción colectiva. Ademais, a través das redes tamén se pode escoitar o testemuño dalgunhas das artistas protagonistas desta iniciativa.
Rosa Cedrón e Yoly Saa son as protagonistas das cancións Aperta e Latexo, respectivamente. As dúas son voces de diferentes xeracións que se unen en O Noso Canto. Para a primeira, trátase dun proxecto que lle trae “moitas lembranzas doutros momentos”, porque estamos “nunha terra na que as cantoras somos de colaborar, de unir as nosas voces”. Para ela, o 8M é “un día de celebración, de unión, de festexo de tódalas mulleres. Pero tamén de reflexión, porque é verdade que hai países no mundo que aínda están a anos luz do que nós temos acadado”.
Pola súa banda, Yoly Saa amósase moi orgullosa de formar parte deste proxecto, no que participa xunto con mulleres “que nos abriron camiño ás que vimos detrás é moi importante e tamén temos que concienciarnos estas novas xeracións a abrirlle camiño ás que veñan detrás”. Ó seu xuízo, o 8M é “un día de xuntanza, de reivindicación, de estar todas preto e demostrarlle ó mundo que existimos os 364 días restantes do ano”.
Coa súa experiencia, ámbalas dúas animan ás mulleres músicas a perseguiren os seus soños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
TRASPASO DE COMPETENCIAS
La Xunta quiere los permisos de trabajo a foráneos este año
Lo último
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 4 de febrero, en Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche