O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra reabre a causa da desaparición
CASO SONIA IGLESIAS
Fontes xudiciais confirmaron este martes a reapertura da causa cunhas novas dilixencias practicas baixo segredo de sumario
O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, especializado en Violencia sobre a Muller, reabriu a causa sobre a desaparición de Sonia Iglesias cunhas novas dilixencias practicadas baixo segredo de sumario, segundo confirmaron fontes xudiciais.
Estas mesmas fontes xudiciais consultadas por Europa Press apuntaron que a reapertura se solicitou hai xa algún tempo, aínda que o feito non transcendeu até este martes.
Pola súa banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) explicou que a xuíza entende que nestes momentos non pode facilitar ningún tipo de información porque pode afectar de forma negativa á causa.
En abril do ano 2015 a Audiencia de Pontevedra confirmou o arquivo da investigación após desestimar os recursos presentados pola Fiscalía e pola familia Iglesias Eirín, ao considerar que non existían "indicios sólidos" para continuar co procedemento, polo que se estimou procedente decretar o sobresemento provisional das actuacións.
Durante a investigación, a entón parella sentimental da muller desaparecida, Julio Araújo, foi chamada a declarar como imputado e logo esta condición levantouse.
Este martes, con autorización xudicial, a Policía Nacional procedeu a diferentes rexistros nunha casa con leira situada no número 2 de cálea Camposanto, no barrio pontevedrés de San Mauro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE UN MILLÓN DE COTIZANTES
Galicia alcanza "el mejor mes de abril de toda la serie histórica" de afiliaciones y paro
APERENTEMENTE SIN VIOLENCIA
Hallan muerta a la cantante viguesa Seila Esencia a los 39 años tras dos semanas desaparecida
INFORME DE LA AIREF
El PIB crece un 2,3% en el primer trimestre en Galicia, menos que en España
Lo último