Omar Rabuñal: “A nosa é unha película moi mala a conciencia, a cutrez cultívase”
Omar Rabuñal Varela é director de cine e gañador da XIII Edición do Festival CutreCon en Madrid
Omar é un director coruñés que prefire o ketchup ao sangue falso, e que se sente orgulloso de saber facer as cousas mal. É o gañador da XIII Edición del Festival CutreCon, un festival de “cine cutre” internacional que se celebra en Madrid, con “Los amigos. La pinícula”.
Omar, como te sentes tendo feito a peor película do mundo?
Non sabía como tomalo… Pero moi ben, moi ben. É que no Festival son moitas as películas que son malas, pero que non pretenden selo, e a nosa é unha película mala a conciencia. É unha comedia voluntaria cando no Festival había moitas comedias involuntarias. Eramos catro pelis seleccionadas, a segunda, Sangre cubana, sobre vampiros que tamén era mala adrede, encantóume. A verdade é que foron moitas risas. Fun a Madrid con David Noya, César Seijas e Marcos F. Eimil, que somos os catro que producimos a peli e como somos todos compañeiros de profesión sumáronse catro amigos que vamos, traballaron gratis e estamos moi agradecidos. E temos un elenco no que non faltan actores relevantes, temos a Touriñán, Marcos Pereiro, David Perdomo, Federico Pérez, Pepo Suevos, David Amor, Susana Seivane… E moi agradecido de que se sumaran á proposta.
Como sae a idea de facer esta película?
Fixemos a película porque a queriamos facer. Por botarnos unhas risas, xa que tiñamos os medios, tiñamos as cámaras, técnico de son… Dixemos, e por que non facemos unha peli? E por que non unha peli que vaia de amigos, e que se chame Los amigos? Fun guionizando sobre a marcha, e dependendo do que fomos grabando, pois escribía novas secuencias. Pero ben, todo moi tolo. Con moitas secuencias absurdas, e que metimos soamente por facer unha homenaxe ás nosas películas favoritas como Terminator 2, Rambo ou ata Los Serrano. Fixémola soamente polo gusto de facela, e despois simplemente foise sumando xente.
Con “Los amigos” gañas o CutreCon, pero levas xa moito tempo facendo películas.
Sí, levo 15 anos na profesión e a verdade é que fixen un poco de todo, curtametraxe, documentais… De feito vaise proxectar no Círculo de Artesáns da Coruña un documental sobre o entroido da Coruña, que é o único documental sobre o entroido de Coruña que se chama Antroido Cascarilleiro dende Elviña a Monte Alto, porque aínda que o entroido más célebre é o de Ourense, na Coruña hai unha tradición moi importante. E gañamos o Galician Freaky Film Festival, en Vigo, así que tamén somos profetas na nosa terra, e gustou moito alí.
Que foi o máis dificil, gravar a película ou aguantar a risa mentras?
Houbo secuencias moi duras de gravar, a verdade. Eu estaba detrás de a cámara pero algúns non podían aguantarse de verdade. E outra das cousas máis difíciles era a de compaxinar os horarios da xente. Sobre todo cadrar xuntos os máis famosos, creo que so houbo un día que estiveran todos. Eso foi o máis difícil.
Haberá segunda parte de “Los amigos”?
Haberá una serie, xa hai un tráiler en Facebook. A serie chámase “Los 2 amigos. La venganza musical”. Vai de dous amigos que se meten en leas, viven aventuras e cando chega un momento no que pensamos que van morrer, que non van poder superar ese obstáculo, resolven a situación cantando e bailando. Así vai ser a serie. Aínda estamos empezando a gravar, entendo que a colgaremos en Youtube pero aínda non sei cando poderemos sacala.
Que resulta o máis relevante para ti de gañar o CutreCon?
Que é a peor película do audiovisual galego e gañou un premio internacional en Madrid. Eu quedei alucinado porque a nós fannos gracia as nosas chorradas pero non pensabamos que ía gustar ao resto da xente e se descojonaban.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESTRATEGIA DE LA BIOTECNOLOGÍA
Alfonso Rueda afirma que Galicia se convertirá en una “biorregión de referencia”
DE VIAJE DE VERANO
Una familia de Marín desaparece tras los terremotos de Venezuela
Lo último