O paro baixa en 29.600 persoas en Galicia
DATOS DE EMPLEO
En relación co terceiro trimestre de 2014, o número de parados na Comunidade galega reduciuse en 35.400 persoas, un 13,72 por cento.
O paro baixou en 29.600 persoas en Galicia no terceiro trimestre en relación co segundo (-11,74%), de forma que o total se situou en 222.800 desempregados, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estadística (INE).
En relación co terceiro trimestre de 2014, o número de parados na Comunidade galega reduciuse en 35.400 persoas, un 13,72 por cento.
Mentres, a cifra de ocupados alcanza a 1.039.000 galegos, tras subir en 29.100 individuos no terceiro trimestre respecto ao segundo (+2,88%) e supoñer 21.700 máis dos que había un ano atrás (+2,13%).
No conxunto estatal, o paro baixou en 298.200 persoas no terceiro trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, o que supón un descenso do 5,8%.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carballeira de San Xusto
Galería | Feijóo y Rueda reúnen al PP en Cerdedo-Cotobade, así arranca el curso político en fotos
Lo último
TRES DÍAS DE LUTO
Los desafíos de Haakon VIII como el nuevo rey de Noruega
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei