Podcast Ciencia de Ida e Volta | A ciencia que vén ten nome de muller
A comarca do Deza será o escenario da cuarta edición da expo-feira científica que ten lugar o venres 30 de maio en Lalín, por primeira vez fóra das cidades nas que se asentan os campus da Universidade de Vigo
Hoxe, no podcast de Ciencia de Ida e Volta, recibimos a tres convidadas moi especiais: Xochitl Édua Elías Ilosvay, investigadora posdoutoral no grupo Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo; Cristina Velasco Rubial, investigadora en fisioloxía de peixes e membro do CIM da UVigo; e Jimena Novás, estudante e team lead de UVigo Motorsport.
Falaremos con elas sobre a súa participación na cuarta edición da feira científica "A ciencia que vén ten nome de muller", que se celebra hoxe, 30 de maio, en Lalín, na comarca do Deza. Máis de 20 actividades de ciencia lúdica para todos os públicos forman parte dun evento que por vez primeira terá lugar fóra das cidades universitarias, co obxectivo de descentralizar a divulgación científica e achegala ao territorio.
Esta feira está organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo dentro do programa Ciencia de Ida e Volta, e conta co financiamento da FECYT – Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, así como coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Lalín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MENSAJE DE PREVENCIÓN
Juan Carlos golpeó la cabeza en la piscina en un cumpleaños: “Recuerdo un escalofrío”
SÍNTOMAS DE AHOGAMIENTO
Muere una persona tras ser rescatada del agua en la playa de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo 26 de julio
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 27 de julio