O programa Alimentes de Gadis bate unha nova marca de participación: máis de 27.000 escolares
Alimentes afianzouse como programa de referencia sobre hábitos de vida saudable en Galicia e Castela e León
Máis de 27.000 estudantes beneficiáronse do programa educativo Alimentes de Gadis durante o pasado curso escolar. Todos eles finalizaron o itinerario dixital, con contidos sobre alimentación saudable, consumo responsable e coidado do planeta, adaptados ao currículo oficial de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León.
A aprendizaxe trasládase aos supermercados
O plan educativo de Gadis contempla que a formación nas aulas se complemente con visitas presenciais aos supermercados, que permiten aos alumnos experimentar os conceptos dunha forma práctica. Na última edición realizaron estes itinerarios guiados un total de 13.622 escolares de 237 colexios, acompañados por preto de 1.400 docentes e monitores formados en nutrición, que lles explicaron in situ a orixe dos alimentos e a cadea de valor que seguen ata chegar aos supermercados e aos seus fogares.
Gadis celebra que, cada curso escolar, son máis os centros educativos que se suman a este programa, que continúa ampliando conceptos e adapta os seus contidos e formatos, poñendo sempre o foco en axudar a familias e á comunidade educativa a fomentar un estilo de vida saudable e responsable co planeta.
Compromiso coa educación de calidade e a atención á diversidade
O compromiso de Gadis coa educación de calidade tamén se reflicte na atención á diversidade, xa que favorece que as nenas e nenos con necesidades educativas especiais poidan completar o itinerario virtual que se inclúe na plataforma. O mesmo ocorre coas 14 unidades con textos, vídeos, fichas interactivas e xogos, que tamén se adaptaron a estes escolares, para que poidan participar activamente nas aulas percorrendo toda a cadea de alimentos desde a orixe, visitando unha lonxa, unha horta ou unha explotación gandeira, os almacéns e as diferentes seccións dos supermercados.
O plan pedagóxico mantén como ferramenta estrela o Prato Alimentes, deseñado baixo as directrices do prestixioso Prato de Harvard para ilustrar de forma idónea as proporcións dunha dieta equilibrada e que se regala aos nenos que participan nas visitas aos supermercados.
Esta acción de RSC continúa firmemente aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, incidindo directamente no ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 4 (Educación de Calidade) e ODS 12 (Produción e Consumo Responsables).
Premio ao esforzo
Como broche final ao curso escolar, e mantendo o seu tradicional incentivo á participación, Gadis sorteou 5 packs de tablets entre todos os centros educativos participantes, resultando gañadores tres colexios de Galicia e dous de Castela e León.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLAPSO EN LA ESTACIÓN DE OURENSE
El AVE vuelve a ser una trampa para millares de viajeros en Galicia
Lo último