O PSdeG considera "incoherente" a "extinción" da Axencia Galega da Industria Forestal
POLÍTICA FORESTAL
A portavoz do grupo socialista considera que esta proposta é "un gran paso atrás" na aposta polas políticas públicas ligadas ao monte e á industria da madeira
A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Dacosta, tachou de "incoherente e lesiva" a "extinción" da Axencia Galega da Industria Forestal para "ser absorbida" pola Consellería de Economía.
Dacosta presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Executivo autonómico que explique esta decisión, "en contra" dos compromisos adquiridos durante a campaña electoral.
Neste sentido, advertiu de que a decisión que tomou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pasado 22 de abril, supón "un gran paso atrás" na aposta polas políticas públicas ligadas ao monte e á industria da madeira.
A responsable socialista lamentou que a disolución do entre vai "en contra" da liña de impulso do aproveitamento da equitación que o presidente da Xunta "dixo en campaña electoral que ía reforzar".
Por iso, preguntou "onde queda o compromiso" asumido pola administración autonómica de que a "iniciativa pública sirva de exemplo da privada para estender novos usos do monte".
Carmen Dacosta considerou "incomprensible" que o goberno galego "opte por suprimir" ese organismo "no lugar de incrementar o seu orzamento", para "reforzar o seu papel" como instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada á industria forestal, entre outras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)