LUCHA CONTRA EL SOBREPESO
Galicia quiere reducir un 15 % la obesidad con el plan pionero "Obesidade Zero"
POLÍTICA EN GALICIA
O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, expresou este martes a súa confianza en que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "volva ser candidato" para revalidar o cargo nas eleccións autonómicas previstas inicialmente o próximo outono.
"Eu creo e confío en que (o candidato) sexa Alberto Núñez Feijóo, porque certamente hai un goberno e unha acción de goberno que avalía a boa xestión nuns momentos moi complexos como os da crise", sostivo Puy Fraga a ser preguntado sobre o futuro do seu xefe de filas nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press.
Proba desa "boa xestión", como resaltou, é que hoxe Galicia "crece máis que Alemaña" mentres o paro é "menos" que no conxunto de España e a desigualdade tamén é "moito menor" que a nivel estatal. "Cremos que en Galicia, en liñas xerais, a valoración que hai do goberno autonómico e da xestión feita nos últimos sete anos non é mala, é boa", reafirmouse.
En canto á posibilidade de que deban repetirse as eleccións xerais e de que isto altere o calendario previsto en Galicia, admitiu que estes comicios sempre "condicionan", pero recordou que Feijóo apostou por esgotar a lexislatura. Esa decisión, explicou, ten "vantaxes" para o seu partido, toda vez que o presuposto da Xunta para 2016 é por primeira vez dende 2009 "expansivo" e prevé "máis gasto social e investimentos" que acometer.
"POLÍTICA FICCIÓN"
Ao fío do escenario estatal, o dirixente popular lamentou que a segunda forza máis votada, o PSOE, nin sequera sente" para falar co PP da conformación do goberno, máis alá de que despois podería non alcanzarse ese acordo. "O normal é que se fale", opinou.
Cuestionado acerca de que o próximo presidente do Goberno sexa unha persoa allea ao Congreso, considerouno "política ficción". "Eu persoalmente creo que estas alternativas, que sendo legais supoñen suplantar dalgún xeito o procedemento electoral, non son as máis axeitadas", xulgou.
PRESIDENCIA DO PARLAMENTO
Finalmente, sobre a persoa elixida para relevar a Rojo na Presidencia do Parlamento, dixo que aínda non se tomou unha decisión ao respecto.
Á pregunta directa de se podería ser Miguel Santalices, admitiu que "evidentemente, ten posibilidades" ao tratarse actualmente do vicepresidente. Non obstante, Pedro Puy sinalou que hai "outros compañeiros que nestes momentos tamén poden optar a ese posto".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA EL SOBREPESO
Galicia quiere reducir un 15 % la obesidad con el plan pionero "Obesidade Zero"
SE SOLICITA COLABORACIÓN
Buscan en Vigo a una mujer de 75 años desaparecida desde el lunes
EXHIBICIÓN Y DEMOSTRACIONES
A feira Galiforest Abanca 2026 mostra dende mañá toda a forza do sector forestal nunha edición de récord
Lo último