La Región participa nun congreso sobre o papel dos medios de comunicación fronte a impunidade da ciberviolencia machista

ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE GALICIA

Fiscalía, xudicatura e xornalistas reclaman máis formación dixital para frear os ataques en liña. La Región participa neste congreso de medios e prevención da ciberviolencia machista

Os conferenciantes, de esquerda a dereita: María José Garrido, Encarni Iglesias, Sonia Esperanza Rodríguez, María Méndez (presidenta da APG), María Esther Erice, Roberto Barba (director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero de la Xunta de Galicia), Elena Steinger e Julio Abalde (subdelegado do Gobierno na Coruña).
Os conferenciantes, de esquerda a dereita: María José Garrido, Encarni Iglesias, Sonia Esperanza Rodríguez, María Méndez (presidenta da APG), María Esther Erice, Roberto Barba (director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero de la Xunta de Galicia), Elena Steinger e Julio Abalde (subdelegado do Gobierno na Coruña). | APG

O Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero tivo lugar esta semana en Santiago de Compostela con a advertencia de que a ciberviolencia machista consolídase como unha forma de agresión que se normaliza ao abeiro do anonimato dixital.

Medios e expertos tiveton a oportunidade de debatir desta lacra nun formato de ponencias e mesas de debate.Todas as conferencias foron presentadas e as mesas moderadas por profesionais da comunicación de Galicia: Tamara Montero (La Voz de Galicia), Miguel Ángel Rodríguez (Director del Diario de Pontevedra), Mario Moreno (Director regional de la Cadena SER Galicia) e Carmen Rivas Iglesias (directora dixital de La Región).

La Región mantén un compromiso continuado coa prevención da ciberdelincuencia a través do proxecto Afila tu seguridad, así como unha aposta firme do xornalismo local mediante o consumo dun xornalismo veraz, respetuoso e rigoroso, así como o uso responsable das redes sociais. Como medio de referencia na actualidade local con máis dun século de historia diaria, destaca a súa oferta de contidos vinculados ao especial "El papel, refugio en la tormenta de la bulosfera".

Impunidade tras da rede

No congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero, que se enmarca xa nos actos conmemorativos do 25-N Día contra a violencia machista, a expresidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, María Esther Erice, impartiu a ponencia principal e destacou que as novas tecnoloxías “dan aos agresores unha sensación de impunidade” e perpetúan unha cultura de violencia contra as mulleres.

Erice puxo en valor os avances do Pacto de Estado, como a transposición da directiva europea, a necesidade de bases de datos unificadas, unha lei que protexa os menores nos entornos dixitais e unha atención integral ás vítimas. Reivindicou a formación da mocidade no uso crítico da tecnoloxía e maior autorregulación das plataformas, así como o reforzo das peritaxes dixitais e a obriga de certificados de ausencia de antecedentes sexuais para docentes online. “La transposición a la normativa española de la Directiva europea en esta materia, crear bases de datos para contar con los datos empíricos, ahora muy dispersos, aprobar una Ley para la protección de los menores en los entornos digitales o atender a las víctimas de violencia digital de forma integral”, afirmó Erice.

María Esther Erice durante su intervención
María Esther Erice durante su intervención | APG

“Es muy importante”, afirmó, “formar a los jóvenes en el uso crítico de estas tecnologías, así como hablar con las plataformas digitales para que adopten medidas de autorregulación”. Y valoró muy positivamente que ahora también se exija el certificado de ausencia de antecedentes penales contra la libertad sexual a los docentes que imparten clase online; los programas para que todos los implicados en esta materia puedan tener una formación sobre ella, incluidos profesores de universidad y de otros niveles educativos, jueces, fuerzas del orden…; o las medidas para la mejora de los recursos de los peritajes de nuevas tecnologías, para mejorar la calidad de las pruebas.

O público asistente ás conferencias.
O público asistente ás conferencias.

Organizada por a APG

O acto contou coa participación da Xunta, da USC e da Asociación de Periodistas de Galicia (APG). O director xeral Roberto Barba subliñou o papel esencial dos medios na prevención das violencias machistas e anunciou que Galicia elabora a súa primeira Lei de Violencia Dixital. A delegada do reitor, Sonia Esperanza Rodríguez, advertiu que internet abre vías de agresión sen límites nin horarios, mentres que a presidenta da APG, María Méndez, insistiu na necesidade de visibilizar os ciberataques.

Barba destacó la importancia que tienen todos los medios en la prevención y sensibilización de la ciudadanía frente a las violencias machistas. “Son canales fundamentales para llegar a la población y trasladar mensajes que permitan romper los estereotipos de género y ahondar en la importancia de consolidar una igualdad real entre mujeres y hombres”.

Roberto Barba, Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.
Roberto Barba, Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. | APG

Na súa intervención, a delegada do reitor da Universidade de Santiago de Compostela para a Igualdade salientou que “internet abre novas vías para a violencia de xénero que non requiren proximidade física, que se agochan tras o anonimato e que funcionan as 24 horas do día, os 365 días do ano”. Segundo ela, “o papel dos medios de comunicación é esencial para a educación social”, e agradeceu á Asociación de Xornalistas de Galicia a súa implicación nesta loita e a invitación ao consello de goberno da Universidade de Santiago.

A delegada do reitor da Universidade compostelá para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez.
A delegada do reitor da Universidade compostelá para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez. | APG

Pola súa banda, a presidenta da APG, María Méndez, que agradeceu á Xunta e á Universidade de Santiago o seu compromiso “dende o principio con esta proposta de congreso, pioneira, por certo, en toda España”, sinalou que o fío condutor desta edición é “reflexionar sobre os ciberataques e os ciberabusos contra as mulleres, agardando, como sempre, que os medios de comunicación manteñan a súa implicación na tarefa de concienciar sobre a necesidade de erradicar a violencia de xénero”.

Méndez salientou que a ciberviolencia de xénero “é unha lacra cuxo único obxectivo é silenciar as vítimas, e o seu aumento exponencial débese ao seu anonimato e á súa chegada a grandes audiencias”. A presidenta da APG expresou o seu agradecemento pola “xenerosa implicación dos medios de comunicación no Congreso, que nos permitiu emprender esta iniciativa ano tras ano”.

Uns participantes con voz de alto nivel

Nos paneis participaron fiscais, maxistradas, responsables de seguridade e xornalistas.

A primeira mesa redonda, sobre a ciberviolencia de xénero como delito público con pouca visibilidade, contou con Elena Steinger, fiscal delegada de Violencia sobre a Muller en Galicia; Belén Rubido, maxistrada presidenta da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, especializada en violencia de xénero; e María José Garrido, comandante, xefa de área na Secretaría de Estado de Seguridade (SES), do Ministerio do Interior.

A primeira mesa sobre a cíberviolencia machista como delito público con escasa visibilidade.
A primeira mesa sobre a cíberviolencia machista como delito público con escasa visibilidade. | APG

A fiscal Elena Steinger alertou da hostilidade contra mulleres en postos públicos; a xuíza Belén Rubido repasou os avances lexislativos; e a experta María José Garrido reclamou máis competencias dixitais e formación emocional para vítimas e sociedade, "muchas víctimas tienen un déficit de formación emocional".

Os medios e a violencia machista dixital

No panel adicado á influencia dos medios de comunicación na loita contra a violencia machista dixital, participaron como ponentes os xornalistas galegos Rocío Cortés, xefa de Sociedade do xornal El Progreso; Mónica Martínez, adxunta ao editor do dixital Mundiario; Ana Martínez, delegada en Galicia da axencia EFE; e Alejandro López, director de Información e Documentación da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia e profesor asociado da USC.

Mesa sobre medios de comunicación e violencia machista dixital.
Mesa sobre medios de comunicación e violencia machista dixital. | APG

Ciberviolencia, unha denuncia necesaria

O panel-entrevista final, "A ciberviolencia machista, unha denuncia necesaria" foi conducido por Carmen Rivas Iglesias, directora dixital de La Región, e contou cos ponentes Gemma Herrero, xornalista do diario As e vítima de cíberviolencia machista; Encarni Iglesias, presidenta da Asociación Stop Violencia de Género Digital; e Clara Inés Guilló, doutora en Socioloxía, profesora da Universidad Complutense de Madrid (InstiFEM) e directora do estudo “Autopercepción de la imagen de las mujeres en los nuevos entornos digitales (Instituto de las Mujeres). O testimonio de Gemma Herrero foi duro e directo e as intervención de Guilló debuxou unha imaxe completa do comportamento de todos os implicados na dinámica da violencia dixital e os motivos, concluíndo Encarni Iglesias, unha voz máis que acreditana neste contexto pola súa loita para axudar ás víctimas. Iglesias aclarou o que expresan e senten as vítimas cando recorren á súa asociación e ela aténdea primeiro.

El paner final contó con Gemma Herrero, periodista y víctima; Encarni Iglesias, presidenta de la Asociación Stop Violencia de Género Digital; y Clara Inés Guilló, socióloga experta en violencia de género.
El paner final contó con Gemma Herrero, periodista y víctima; Encarni Iglesias, presidenta de la Asociación Stop Violencia de Género Digital; y Clara Inés Guilló, socióloga experta en violencia de género. | APG

En definitiva, un completo análise da realidade que viven as mulleres e os nenos nos novos espazos dixitais, nun congreso que converteu Santiago nun foro clave contra a violencia machista en liña.

Contenido patrocinado

stats