Ruta do Viño das Rías Baixas. Actividades para descubrir unha tradición milenaria
En cada ruta visitaranse algunhas das adegas participantes na primavera de portas abertas e o xantar, libre, terá lugar nalgún dos concellos adheridos á ruta
Haberá varias liñas enoturísticas que percorrerán gran parte do territorio da Denominación de Orixe das Rías Baixas.
Música e viño polo río Miño
Concerto a bordo dun barco histórico polo río Miño con música en directo. Será o sábado 20 de maio, ás 12,30 e ás 18,00 horas e o domingo 21 de maio, ás 12,30 horas. Saída dende o embarcadoiro de Goián.
A pedais polo Salnés
Unha ruta de enoturismo en bicicleta polo Salnés. Coñece a súas adegas e visita lugares de interese durante o percorrido. Será o sábado 20 de maio, ás 9,30 horas saída dende Adegas Terra de Asorei.
Viño e lamprea
Visita guiada ás instalacións do Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”. O venres 19 e o domingo 21 de maio, de 12,00 a 14,00 horas e o sábado 20 de maio, de 12,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas.
Catamarán en Arousa
Unha ruta guiada en catamarán, con visión submarina, pola ría de Arousa e visita a mexilloeiras. Haberá degustación de viño Albariño, refrescos e mexillóns. Será o sábado 20 de maio, ás 12,00 e ás 17,00 horas.
Maridaxe
Visita ao pazo Quinteiro da Cruz, aos seus viñedos e ao xardín de Té combinada coa experiencia dunha maridaxe 100% galega. Venres 19 de maio, de 17,00 a 19,30 horas e sábado 20 e domingo 21 de maio, de 11,30 a 14,00 horas.
Ruta "Pedras e viño"
Un tramo de 3 quilómetros da ruta “Pedras e Viño”, visitando os vestixios do pasado desta zona, os Muíños do Xuliana e cunha visita á adega Señorío de Rubiós e unha degustación. Domingo 21 de maio, ás 10,00 horas.
Orixe do Albariño en Lantaño
A Adega Viña Cartín organiza unha visita ao lagar medieval e unha cata dos viños (se as condicións metereolóxicas non o permiten, farase unha presentación fotográfica). Sábado 20 de maio, de 12,00 a 13,30 horas.
Cata en Terra de Asorei
Terra de Asorei propón unha cata de elaboracións especiais e colleitas limitadas. Maridaxe con petiscos do país. A cata realizarase na “adega botelleiro”. Venres 19 de maio ás 19,00 horas e sábado 20 de maio, ás 12,00 horas.
Cata maridaxe
Bodegas Vionta organiza unha cata de viños Albariños comentada polo seu enólogo, maridados con 3 queixos e pans galegos. Venres 19 e domingo 21 de maio, de 10,00 a 14,00 horas e sábado 20 de maio, de 10,00 a 18,00 horas.
Ioga en Pazo de Rubianes
Visita guiada aos seus xardíns históricos seguida dunha hora de clase de ioga. A actividade finalizará cunha degustación do viño “Pazo de Rubianes” acompañado de petiscos. Venres 19 de maio, ás 17,00 horas.
Nande Hotel da Natureza
Unha visita guiada á contorna natural do establecemento Nande Hotel da Natureza. A cita será o venres 19, sábado 20 e domingo 21 de maio de 12,00 a 13,00 horas. O custo da participación: 7 euros por persoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 5 de agosto
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que aún no se superó la resaca del Mundial?
VIRXE DAS NEVES
Llegan las fiestas de Pedrouzos y Santa Tegra