A seguridade dos recursos fronte ó cambio climático
VEOLIA
Hai tempo que o cambio climático deixou de ser unha ameaza hipotética: xa é un dos maiores desafíos para a nosa calidade de vida. Maniféstase con especial intensidade na duración das secas e na magnitude dos fenómenos meteorolóxicos, así como na perda de biodiversidade e de recursos naturais.
En Galicia, estamos vendo como a dispoñibilidade dun recurso que ata agora criamos infinito, como a auga, comeza a converterse nun ben escaso, mentres que a súa demanda seguirá medrando. A estes desafíos súmanse as esixencias dunha transición enerxética sostible.
Veolia impulsa a transformación ecolóxica mediante solucións de auga, enerxía e residuos co obxectivo de descarbonizar, descontaminar e rexenerar os recursos naturais. En España conta con máis de 18.000 profesionais que desenvolven proxectos de sustentabilidade adaptados á nosa realidade local. Para a compañía, a seguridade ambiental consiste en garantir o acceso continuo e fiable aos recursos e servizos esenciais, que adquiren maior importancia en tempos de incerteza climática e xeopolítica.
Infraestruturas máis resilientes
É esencial deseñar e operar infraestruturas críticas con criterios de eficiencia, flexibilidade, sustentabilidade e capacidade de resposta, para que sexan resilientes fronte ao cambio climático, garantan a continuidade de servizos esenciais como a auga e a enerxía e, ao mesmo tempo, protexan a contorna e reforcen a cohesión territorial.
Rexenerar a auga para novos usos
Rexenerar os recursos naturais é un eixo estratéxico para garantir a seguridade hídrica futura. Veolia conta cunha ampla capacidade de investimento e cunha experiencia contrastada neste ámbito, polo que é un referente en España: a compañía rexenera máis do 15 % da auga que trata.
O paradigma deste labor son as ecofactorías polas que aposta Veolia: antigas depuradoras transformadas en instalacións respectuosas coa súa contorna e autosuficientes enerxeticamente, onde o recurso se reutiliza, se valoriza e se integra de novo no territorio co máximo valor engadido.
A Ecofactoría de Ourense destaca pola eliminación de máis do 97 % dos microplásticos, a produción de auga rexenerada para usos urbanos, o desenvolvemento de solucións para a obtención de hidróxeno verde a partir de residuos e a recuperación de nutrientes para o seu uso como fertilizantes.
Enerxía local para a descarbonización
Veolia impulsa a descarbonización con solucións de eficiencia enerxética e enerxía renovable local e accesible.
Ademais, xestiona toda a cadea de subministración da biomasa en España, desde o bosque ata as instalacións finais. Aproveita residuos forestais, agrícolas e de podas urbanas para producir enerxía renovable, previr incendios e conservar os bosques, cunha xestión anual superior ás 250.000 toneladas con certificación SURE.
Así mesmo, desenvolve solucións de xeotermia que utilizan a calor do subsolo para ofrecer calefacción, refrixeración e auga quente de forma constante, sen depender da meteoroloxía. En 2025, esta tecnoloxía evitou a emisión de máis de 800 toneladas de CO₂, o equivalente á absorción anual de 42.000 árbores.
Un futuro máis preparado fronte ao cambio climático
Garantir a seguridade dos recursos esixe avanzar cara a infraestruturas máis resilientes e modelos que dean prioridade á eficiencia e á circularidade. Coa súa experiencia e capacidade de innovación, Veolia contribúe a construír territorios máis sostibles, autosuficientes e preparados para o futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
XXV Festa do Viño Novo en A Teixeira: Programa e información
TRADICIÓN MARINERA Y SOLIDARIDAD
Vídeos | La Familia Real entrega a la Cofradía de Pescadores de Llanes el Premio al Pueblo Ejemplar de Asturias 2026