“Toca facer unha análise profunda da situación”, pide Lage Tuñas (PSdeG)
Os socialistas galegos reunirán o mércores a Executiva e convocarán os órganos internos
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage afirmou onte que “toca facer autocrítica, cunha análise profunda da situación e sendo conscientes da mensaxe que nos mandaron as galegas e os galegos”. Lage Tuñas valorou ademais “positivamente” a decisión de José Ramón Gómez Besteiro de “liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para Galicia”
Os socialistas galegos reunirán á súa Comisión Executiva Nacional Galega mañá mércores nunha reunión extraordinaria na que analizarán os resultados electorais e convocarán aos órganos internos para facer unha análise máis detallada co conxunto da organización, despois de perder 5 escanos no Parlamento e caer 5,3 puntos en apoios nos comicios do domingo.
O Secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, valorou hoxe os resultados electorais, recoñecendo que “son uns moi malos resultados electorais, sen adxectivos”. Os socialistas sufriron especialmente nas circunscricións do sur, cedendo un 8,3% de apoio en Pontevedra e un 7,2% en Ourense.
Lage Tuñas considera que “toca facer autocrítica, analizar en detalle e aunar esforzos para dende a unidade construír un proxecto político para Galicia, en clave de País”. O PSdeG-PSOE forma parte de 120 gobernos municipais e ostenta 102 alcaldías en Galicia, sendo a forza política que goberna máis cidadáns dende os concellos, lembrou o responsables de organización. Cabe recordar que os socialistas galegos elixiron a Besteiro candidato á Xunta de Galicia no mes de outubro e as elección foron convocadas en decembro.
Lage Tuñas valorou tamén “positivamente” a decisión de José Ramón Gómez Besteiro de “liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para Galicia”. Besteiro será o líder do grupo parlamentar socialista, e en principio parece que se manterá a convivencia con Valentín González Formoso como secretario xeral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”