GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
OPERACIÓN PATOS
A xuíz instrutora da Operación Patos, Carmen García Campos, notificou hoxe catro autos nos que acorda inhibirse en favor dos xulgados decanos de Ourense, Santiago, Pontevedra e Ponteareas e darlles traslado de parte das actuacións practicadas, así como de certos informes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (Udef) da Policía.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia precisan que a titular do Xulgado de Instrución 3 de Vigo acordou inhibirse noutros xulgados respecto das actuacións practicadas en municipios alleos á súa xurisdición e deducir testemuño de parte da investigación.
As fontes explican que a instrutora, ao ter coñecemento da posible existencia dun delito sen conexión relevante co feito principal investigado noutro partido xudicial, remite onde corresponde aquela parte do sumario na que aparecen as mesmas.
Polo momento, a xuíz non se pronunciou sobre a petición do fiscal de imputar ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao expresidente e ao exvicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e José Manuel Figueroa -naquel momento presidentes do PP provincial e local, respectivamente-, e á delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, entre outros.
En febreiro de 2014, a Policía detivo a cinco acodes, un exconcejal de Nigrán (Pontevedra) e administradores e empregados das empresas Cespa e Eiriña; e practicou rexistros nas corporacións de Vigo, Nigrán, Santiago, Pontevedra, Ponteareas e Ourense.
Tamén houbo rexistros na delegación da Xunta en Vigo, en dependencias da Zona Franca, o Consorcio do Casco Lanuxe e o porto, e na Deputación de Pontevedra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
TRASPASO DE COMPETENCIAS
La Xunta quiere los permisos de trabajo a foráneos este año
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago