crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura
VIAXAR
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Francisco Xabier Almuíña Chorén, presentaron na casa rural das Xacias, en Chantada, a colaboración para a promoción do turismo rural e a comercialización dixital dos aloxamentos rurais de Galicia entre ambas entidades. No acto, Xosé Merelles animou a escoller este verán o turismo rural para seguir diversificando a oferta e aproveitar as novas experiencias que se van poñer en marcha ao abeiro desta colaboración “sobre a base da sustentabilidade e a calidade”, indicou.
O director de Turismo de Galicia destacou que esta iniciativa engade “un valor significativo de carácter estratéxico no eido económico, social e do patrimonio natural e cultural do rural galego”. Tamén puxo en valor a idoneidade da mesma na medida en que supón, dixo, a creación de experiencias, a xeración de ofertas diferenciadoras para distintos públicos e o fomento da cooperación público-privada.
“No noso modelo de turismo diversificado, este ano queremos animar tamén a que as persoas se aloxen no noso rural en verán”, engadiu recordando o lema da campaña para este ano ‘Pídeche Galicia’ que vén de lanzarse e promove o destino Galicia como un lugar sostible no que desconectar. "Queremos chegar con ela ao mercado nacional e, no internacional a Estados Unidos e mercados emisores importantes para Galicia como Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia ou Alemaña", indicou.
O acordo asinado entre Turismo de Galicia e Fegatur, no que a Xunta inviste cento vinte mil euros, implica a execución de accións en torno a tres liñas estratéxicas: a promoción do consumo do turismo rural, a formación e a comercialización dixital das experiencias e propostas de relax e aloxamento.
Neste sentido, propostas coma ‘O valor da experiencia rural’ que inclúe tamén ‘Saberes, sentires e sabores’, ‘Galicia, turismo Rural Sostible’ e ‘Benestar para estar ben’ servirán para poñer en valor a relación que existe entre os aloxamentos de turismo rural e o enogastroturismo, a saúde e benestar, a cultura e o patrimonio da comunidade.
O acordo tamén inclúe propostas en materia de formación coma o programa ‘Ollando o Turismo rural canda a quen vive e sabe del’, que achega coñecemento e mellora na profesionalización das persoas propietarias de establecementos de turismo rural, e a comercialización dixital de experiencias e aloxamentos a través da plataforma galiciaturismorural.es e outras accións de promoción máis tradicionais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura
COTAMINACIÓN AMBIENTAL
La Xunta procederá con Altri "en función do cumprimento da normativa"
Lo último
PATRIMONIO CULTURAL
La Casa da Groba entra en la lista roja de Hispania Nostra
2,4 MILLONES DE IMPACTO ECONÓMICO
Más de 14.000 personas llenaron el Ouren Sound Fest
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Accidente del Yak-42
RECINTO DO TOURAL
Castro Caldelas recupera a feira de gando o 3 de xuño