Víctor F. Freixanes deixa a presidencia da RAG tras oito anos de mandanto
REAL ACADEMIA GALEGA
O escritor, editor, xornalista e profesor de universidade Víctor F. Freixanes remata a súa etapa como presidente da Real Academia Galega tras dous mandatos
Víctor F. Freixanes rematou a súa etapa como presidente da Real Academia Galega tras completar oito anos á fronte da institución. O académico formalizou a conclusión do seu segundo mandato ante os membros do Plenario na xuntanza ordinaria celebrada na tarde do venres no pazo de María Pita.
Toca agora a elección dunha nova comisión executiva na Academia Galega. Namentres, ocupará interinamente a presidencia a secretaria, Margarita Ledo Andión, tal como indica a normativa da institución.
A candidatura ou candidaturas á presidencia da RAG que poidan concretarse deben ser presentadas por tres membros de número da institución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último