A tata de MAM
O actor Miguel Ángel Muñoz propón unha película diferente sobre a súa “tata” que compartiron os cen días aqueles do confinamento. Unha película que ten moito de docudrama e de retrato dun tempo e un país
MAM é Miguel Ángel Muñoz, claro, ese rapaz bulidor e carismático (carne de publicidade poisque representa un rapaz sanísimo, incólume nun mundo de tabeiróns), que xa se anunciara de cativos en “El palomo cojo”. Logo virían series para adolescentes, o seu debú teatral en “El cartero”, e programas televisivos “prime time”, demostrativos de que MAM non perde o tempo.
Agora aparece como director-actor nunha película “diferente”, na que partilla papeis cunha señora que vai para centenaria e que foi, en parte, quen o criara. Unha película certamente subxectiva porque estando contada desde o “nós”, maneiras épicas, pois, non lle perde a pegada ao “eu”. Aquí son dous os protagonistas, nun auténtico “tour de forcé”, o home novo, a muller vella (non lle teño medo á palabra, eu tamén vou vello), que comparten os cen días aqueles do confinamento (verba que non me gusta nada, polas súas connotacións históricas: confinar equivale a desterrar, condenando ao ostracismo), e van proxectando riba nosa o seu coñecemento.
Como é de supoñer, pois nese peche domicilario non hai ninguén máis existe un achegamento corporal entre ambos, “Tata” e MAM, sendo este último quen se ocupa de manter físicamente a “estraña parella”, por máis que, mentalmente, a “Tata” demostré unha axilidade e un senso do humor, retranqueiro, que osixena unha película, básicamente de interiores. Aínda que, lástima fora, haxa tamén exteriores, mesmo con esa escena na que o Padre Casanova lle pregunta á chamada Tata se non teme á morte e esta responde, cun monosílabo que conmove: “Non”.
Película que ten moito de docudrama, de algunha maneira retrato dun tempo e dun país (representado este, en retroceso, por quen vivira desde traballos humildes e poderosos o seu devir) en tempos pandémicos. Película “diferente” que nos fala dun Miguel Ángel Muñoz, MAM, bulidor e incansable, disposto a explorar vieiros novos. Desta volta a través dunha película arriscada, poisque se mantén fóra dos camiños consabidos dun cinema que non deixa de ser mirar no embigo. Falar con bo ritmo e un guión axeitado, no que a espontaneidade prima “ma non troppo”, dunha relación atípica, sen medo á vellez ou á morte, non é o mérito menor desta boa película.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Winter Blues Band
GRUPO MUSICAL
Blues Fait en Francia
LA PORTADA DE LA REVISTA
Laura Portas: Los secretos de Mondariz
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 5 de febrero
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Café con Amancio Ortega en Zara
