“Arder”: STOP incendios

Sílvia Rábade e Carlos Tajes

“Arder” é a primeira canción orixinal en galego do grupo de folk rock Escuchando Elefantes e dá conta da devastación que provocan os lumes en Galicia non só no material senón tamén na emocionalidade das persoas

Sílvia Rábade e Carlos Tajes
Sílvia Rábade e Carlos Tajes

Escuchando elefantes presenta “Arder”, o seu primeiro sinxelo orixinal en galego que, a ritmo de folk rock intenso, alegre e reflexivo, explora a temática dos incendios forestais que cada verán asolan Galicia. “Xuntos temos máis forza que calquera incendio” é a premisa dos coruñeses Sílvia Rábade e Carlos Tajes. Alén desta novidade, o dúo programa unha xira celebratoria das súas dúas décadas de carreira para despois do verán coa que recalarán en Ourense: “En Ourense sempre desfrutamos dos concertos íntmos no Auriense e temos moi bo recordo do festival Ou Yeah! que fixemos recentemente. Para nós os mellores concertos son aqueles nos que se xenera unha conexión bonita co público”.

Pregunta. -En 2021 ironizaron co título do disco “¿Por qué siempre cantáis en inglés?”, en resposta a unha pregunta recorrente. Por que agora cantan en galego? Como influíu a temática dos incendios forestais en Galicia no galego de “Arder”?

Respuesta. -Irónicamente a pregunta recorrente era “Cantades algo en castelán?”. Ao que sempre respondiamos cantando o “Adiós ríos, adiós fontes” ata que un día en Manchester unha muller pediu directamente unha canción en galego e sentímonos moi orgullosos de que unha persoa inglesa tivese interese na nosa cultura. Co tempo, seguimos cantando cancións en galego, pero nunca xurdiu unha composición propia ata agora. Nese sentido non somos moi de forzar a creatvidade. Gústanos probar cousas novas, pero cremos que se non sae, mellor non forzar. E xa enlazando coa segunda parte da pregunta, o ano pasado ao saír dun festival, quixemos facer un vídeo espontáneo e atopamos un bosque totalmente queimado. A dor foi tan profunda que é moi difícil de explicar. Dese encontro coa devastación e a beleza da natureza galega, que incluso no seu peor momento é visible, naceu “Arder”. Que non só canta á destrución do lume, senón tamén á resiliencia do pobo galego que sempre mira a adversidade como unha excusa para facerse máis forte e seguir bailando e cantando para celebrar unha e outra vez que somos máis fortes que xuntos calquera catástrofe.

P. -Volvendo á canción “Arder”, que ten unha temática tan dramática para Galicia, que “feed-back” tiveron?

R. -A verdade é que está funcionando moi ben. Non nos sorprendeu que sexa unha temática que toca á xente de manera profunda, porque obviamente é algo moi falado cada ano. Aínda así, sempre que lanzamos algo temos as expectativas de que se escoite, guste e emocione mais nunca temos a certeza de que será así, polo que estamos moi agradecidos. O que máis doe é que moitos deles teñen solución, xa que son provocados, e iso é o que penso que frustra tanto á xente.

Contenido patrocinado

stats