Bágoa: música concepto
O proxecto personalísimo de David Fernández Bueno
Acaso máis popular no mundo rockero como guitarrista de Stormseeds, banda coa que adoita protagonizar a noite ourensá, David Fernández Bueno tamén conta cun proxecto personalísimo: Bágoa. E con este proxecto o compositor e instrumentista lanza agora mesmo o disco “Negro sobre luz”.
Pero, como nace Bágoa?
David dixit: “Nace, como concepto, sobre o ano 2011 aínda que daquelas non era un proxecto musical. Comezou chamándose Tears of Grey, por a influencia da música en inglés. Usaba ese nome para realizar traballos musicais pequenos, bocetos do que viría máis adiante, e para canalizar inquietudes como a fotografía, a poesía ou o debuxo. Co tempo foise centrando máis nun proxecto musical, xa que podía combinar música e escritura para as letras e fotografía e debuxos para as artes do CD”.
A diferenza do que ocorre con Stormseeds, Bágoa é un proxecto centrado “na composición e na edición de CD’s físicos, pero non se pensou nunca en levarlo ao directo”, segundo o músico.
Para profundar máis no carácter conceptual da iniciativa, hai que dicir que Esgos, a vila onde vive, é a peza central da temática de todo o que fai e a súa influencia vese na súa obra. Desta forma, en 2016 edita o seu primeiro traballo, “Session t(h)ree E.P.”. “Trátanse de cinco temas compostos nunha parte do río Grañal en Esgos e gravados nunha toma tamén nese mesmo sitio do bosque. Nel so hai guitarra, voz e os sons do río e dos paxaros que poideran colarse ese día”, detalla.
En 2019 lanza o segundo traballo, “There. In Silence”, con tres temas instrumentais que ían acompañados na edición física dun pequeño poema para cada un. “Aquí a cousa comea a cambiar e, pese a seguir co nome do proxecto e do CD en inglés, os poemas xa están en galego -explica-. O mesmo acontece con ‘Orbs’, una canción tamén instrumental lanzada en 2021 baixo o mesmo sistema: canción instrumental acompañada dun poema escrito nunha tarxeta”.
Finalmente, David decide galeguizar todo e é cando o nome pasa a ser Bágoa e, as canción, salvo alguna excepción, xa son en galego.
Tal é o caso de “Negro sobre luz”, o traballo que acaba de lanzar e no que colaboraron músicos colegas como Marws, Diego BF, María Mendoza, Adrián Rego, Eve, Erwan Jallais, Sanny, Alfredo Egaña e Alejandro Oviedo. Todos con liberdade de composición.
Por que o cambio ao galego?
Foi gradual. Ao ser un proxecto persoal, facelo noutra lingua deixou de ter sentido completamente. Trátase de ser eu, e eu falo galego asique é a mellor forma de expresarme é esa. É infinitamente máis auténtico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Judith Mateo
PORTADA DE LA REVISTA
César Fernández, la cultura sefardí como valor de convivencia
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Lo último
RENOVACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS
Mejoras técnicas en el auditorio de O Carballiño
NAVIDAD EN O CARBALLIÑO
Este belén quiere ser como la tapa gigante de pulpo
Manuel Fernández Ordóñez
Rebelión contra el poder ilegítimo