PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Playlist
Tres anos despois da publicación de “Solpor”, álbum que o convertiu nun referente da folktrónica e tamén da súa terra natal, Galicia, Baiuca presenta o seu segundo larga duración baixo o nome de “Embruxo” e universaliza a electrónica á vez que segue máis unido ca nunca ás súas dotes de alquimista. Segundo o propio músico e produtor, este novo traballo é “unha maxia” coa que pretende “engaiolar ao ouvinte”.
“Por el filo de una espada / se pasea una culebra (…) No tiene tanto veleno / como tienes tú en la lengua (…) Y esa que de min marmura / que mire pa la so casa (…) Cuando mió casa fumea / la d’ella quema qu’abrasa (…) Hei de cantar toda a noite / que mañán hai romería (…) dinme que son com’as bruxas / que ch’andan coa bruxería (…) Bruxas, Bruxeria / Bruxas, Romería”, di a letra de “Veleno”, parte dun disco que foi composto durante a corentena máis dura e está inspirado en coplas populares da Galicia rural de hai século e medio, incluidas meigas e Santa Compaña, e tamén conta con versións libres de poetas como Curros Enríquez ou Luis Amado Carballo.
Este segundo disco chega non só despois de “Solpor” (2018) senón tamén como consecuencia dos EP “Misturas” (2019) e “Paisaxes” (2020) e varios singles entre os cales destaca “Adélia”, xunto ó grupo portugués HAEMA, ademais de sendas colaboracións para artistas da altura de Nicola Cruz, Chancha vía circuito, El Búho, LaTorre, Blanco Palamera, Kermesse, Balkan Taksim, Lagartijeando, Montoya e Mateo Kingman.
O seu historial recolle xiras por países como México, Marrocos, Portugal, Francia, Italia ou Reino Unido e para a presentación de “Embruxo”, hai plans para volver a Latinoamérica, Portugal e Francia. E xa se prepara para amosar o seu novo material en España, incluida Galicia, claro.
Que sensación experimentas cando te definen como un bruxo da música?
A música é o meu medio de expresión e dalgún xeito este novo disco non deixa de ser un embruxo, unha maxia coa que eu pretendo engaiolar ao ouvinte dentro desta película sonora, así que se iso me fai bruxo, encantado.
Facer folk electrónico é un xeito de achegar a tradición a un público novo?
Sempre entendin a creación musical como a forma de facer as cancións que a min me gustaría escoitar e por iso penso que Baiuca conecta sobre todo con xente da miña xeración, pero tamén con rapazada máis nova que igual non se achegarían á nosa tradición se non é a través de conexións máis actuais que lles poidan resultar atractivas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.