Blanco Amor viaxeiro

Recóllense neste volume as reportaxes escritas desde diversas perspectivas, todas elas con interese e non exentas de actualidade, na brillante prosa blancoamoriana, de grande altura literaria.

Publicado: 01 abr 2022 - 05:45 Actualizado: 01 abr 2022 - 05:46

2022040105440724801
2022040105440724801

Eduardo Blanco Amor escribía que nindiola. En galego ou en español. Libros como “A esmorga” ou “La catedral y el niño” obrigan a ubicalo no paraíso literario.

En Ourense, lástima fora, ten xa lugar merecidísimo. Agora sae un seu libro moi ben editado, no interior oito crónicas publicadas entre agosto e decembro de 1935, no xornal vigués “El Pueblo Gallego”, propiedade de Portela Valladares, ocupado logo pola “Prensa del Movimiento”. Confiscación esta opaca para un diario que tivera un certo esplendor, tamén no literario. Xa que logo estas crónicas blancoamorianas polas terras do “protectorado” (acompañados por fotografías do propio Blanco-Amor) teñen un aquel, unha maneira mesmo aceda do viaxeiro crítico que sen deixar de estimar o papel colonizador “ben levado”, ataca duramente (ao xeito de outros escritores galegos) a zarracina que o exército español andivera a facer no Rif, deixando un asunto pendente.

O caso é que á beira de Tetuán, Tánxer e demais Blanco-Amor mete unha pruma ben aceirada en Ceuta, incluida esta cidade na viaxe por Marrocos, na taracea que apaña o nome dun dos artigos-crónicas do autor ourensán. Ese aceiro fixo que Don Eduardo publicase un segundo artigo “ceutí”, dando unhas explicacións de si pero non. Trinta e cinco anos despois, en “La Regiòn”, Blanco-Amor narrou como mesmo fora levado diante do gobernador civil, de quen tería que salvalo o propio Poetela Valladares. Este dado, xunto con partes do artigo de “La Región”, aparece no brillante prólogo do libro que teño diante miña. Obra de Xosé Enrique Acuña, quen ao contrario de outros prologuistas ensina, non exhibe, informa, non adoutrina, sobre o contexto e as circunstancias desta singular “taracea”. Con afirmaciòns tan políticamente incorrectas como as que Don Eduardo verque contra dos xudeus en “Domingos, playa y luna de Tánger”.

Agradécese ao editor, o propio Acuña, que non tentase descafeínar o antisemistimo de Blanco-Amor, ao menos neste artigo. Tamén que non traducise ao galego este mangado de artigos escritos por un home en estado de graza. Escribise no idioma que o fixera. As fotografías, feitas polo derradeiro retratista de García Lorca, unha xoia. Como este libro.

TÍTULO:TARACEA MARROQUÍ| AUTOR:EDUARDO BLANCO-AMOR | EDITORIAL: GALAXIA | PRECIO:18 EUROS

Contenido patrocinado

También te puede interesar

stats