LA REVISTA
La playlist de... Antía Muíño
PLAYLIST
O guitarrista e compositor galego Víctor Aneiros celebra os 25 anos do seu primeiro álbum en solitario “Que el blues te acompañe” (2000) cunha xira na que se poderá constatar o seu rol como mentor do blues en galego. “Os músicos de blues en Galicia prefiren facer versións antes que compoñer temas propios”, detalla quen puxo ao blues galego o seu acento propio e demostrarao o 9 de maio en Boiro, o 22 na Coruña, o 6 de xuño en Ferrol, o 13 en Vigo, o 28 en Lugo e o 11 de agosto en Santiago.
“Héroe secreto” (2008), onde musicaliza poemas de Rosalía de Castro e Curros Enríquez, ou “Brétemas da memoria” (2010), con letras do poeta Ramiro Fonte, son algúns dos seus destacados discos en solitario, ademais dos conxuntos coa canadense Julie Guravich, “Back from the blues” (2012), ou “Rain” (2023), con Paula Martíns e a Martíns Aneiros Band.
Pregunta. Inicias “Xira 25 aniversario”. Como serán os concertos e o repertorio e con que músicos estarás acompañado?
Respuesta. Despois de cinco anos coa Martíns Aneiros Band nun segundo plano tocando só a guitarra, volver poñerme á fronte para cantar, xa te podes imaxinar, será moi especial e ilusionante. O repertorio será un repaso á miña discografía, cos meus temas máis coñecidos “Miña bala perdida”, “Ciudad olvido”, “Axúdame”, pero tamén con menos coñecidos e con Manuel Gutiérrez (piano), Víctor Gacio (baixo) e Fernando Couce (batería).
P. Nestes 25 anos, que soños cumpriches e que soños quédanche por cumprir?
R. Facer cancións e que a xente che diga que lles guste é un soño impagable. Entre os soños que me quedan por cumprir, facer a canción perfecta!
P. Es un referente do blues galego, un xénero que non é nada masivo. Hai canteira de músicos de blues en Galicia? Respecto de cando empezaches, como evolucionou o blues galego?
R. Hai excelentes músicos, non só no blues. Pero apenas hai rexistros de blues feito en galego, blues con denominación de orixe, blues con morriña que é onde está o augardente do noso blues autóctono e, salvo algunha excepción, e isto dígoo co maior dos respectos, os músicos de blues en Galicia prefiren facer versións antes que compoñer temas propios, isto na miña humilde opinión é pan para hoxe, pero fame para mañá. Lamentablemente isto está moi xeneralizado, pero é o que pide o público maioritariamente e o público é o que manda e o que vai aos concertos. Chámame tolo, pero eu xa estou moi maior para cambiar e seguirei cantando as miñas cancións e cavando esta tumba chamada blues porque o necesito para seguir respirando.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño: “Eu canto para soñar”
APRENDER DEL FRACASO
Félix Revuelta: una vida que inspira a los emprendedores
Lo último