LA REVISTA
La playlist de...Paquito D'Rivera
CINCO TEMAS
Cunha marca particular produto da fusión entre o metal e a electrónica, o rap e o rock, en galego e sen filtros e con cancións que son brutal descarga e reflexión ao mesmo tempo, Arrhythmia presenta “CERØ”, un traballo sobre o que o grupo galego asegura ter como maior expectativa “que a música chegue á xente e que conecte emocionalmente con quen a escoite”.
Tras catro anos de silencio discográfico e todo 2025 afastados dos escenarios, os músicos de Lugo regresan tamén ao rodo, cunha xira que terá inicio o 11 de abril en A Candeloira para pasar despois polos máis importantes festivais galegos. A novidade, coa que volven renovados aínda que coa esencia intacta, é un EP composto por cinco temas: “Insaciables”, coa colaboración de Rebeliom do Inframundo, “MesIAs”, “Amnesia”, “Euforia” e “Agonía”, neste caso en comuñón con Nuno Pico de Grande Amore e como focus track e co seu correspondente vídeo clip
Pregunta. No novo disco hai unha experimentación sonora grazas á que incorporan matices electrónicos e case pop. Como foi o proceso de composición para chegar a este resultado desde o metalcore que practican?
Respuesta. O proceso foi bastante natural, as electrónicas existen na nosa música prácticamente dende o comezo pero é certo que nalgunha canción de este EP collen unha maior importancia melódica. Non hai unha intención previa á hora de compoñer senón que depende moito do momento interior e persoal na época da creación. Creemos que hai un pouco de todo e que soa fresco sen perder a nosa identidade e quedamos moi contentos co resultado.
P. Cales son as vosas expectativas respecto do lanzamento e respecto dunha posible ampliación de público consecuencia dunha apertura musical e interxeracional?
R. As expectativas son sobre todo que a música chegue á xente e que conecte emocionalmente con quen a escoite. Se esta apertura sonora fai que novas persoas se acheguen á banda, benvido sexa. Ao final o importante para nós é manter a honestidade artística. Se conseguimos tender pontes entre públicos diferentes sen perder a nosa esencia, sería unha das mellores consecuencias deste traballo.
P. Facendo un xogo de palabras co nome do grupo, dise que son parte dunha xeración que pensa e latexa a “outro ritmo”. Como é o ritmo da vosa xeración?
R. Pertencemos en orixe a un momento onde a cocción artística ía a un ritmo moito menor que o actual e onde o consumo era máis repousado. Adicamos o espazo e tempo necesario ata que as cancións xorden e non forzamos por imposicións algorítmicas, quizáis non sexa o mellor a nivel de mercado pero é o único xeito no que sabemos traballar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de...Paquito D'Rivera
LA REVISTA
Paquito D'Rivera y su vuelta a Galicia
LA REVISTA
Ramón Campos, el mago audiovisual gallego
LA REVISTA
La playlist de...Fernando Epelde
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín