PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
CON TEXTO
Coa que está caendo aí fóra, con esa pandemia que o Mestre de Duluth di, en recente entrevista concedida a The New York Times, que se pode entender como plaga bíblica, o Dylan xa non é que non cese, senón que vén de publicar un dos seus mellores discos de sempre. Deixando fóra a insuperable triloxía “áceda”, este cedé non desmerece a “Time Out of Mind” nin a “Tempest” (este do ano 12, anterior a cousas dylanianas que eran alleas ao seu estro e, ademais, pertencentes á categoría, en Dylan non hai anécdotas, do divertimento). Acontece que “Rough and Rowdy Ways” sí que é un álbum categórico. Todas as cancións da autoría dylaniana, con músicas que van da balada ao blues con toques country. O que nos confirma que Bob “Esponxa” segue a zugar de aquí para ela, enchoupándose de músicas moi diversas. E admitindo, na entrevista citada, o seu interese por Eagles, “Hotel California”, en primeiro lugar, Rolling Stones, “Wild Horses”, na vangarda. E Little Richard, por suposto, que nos vén de deixar. Alguén que Dylan sempre quixo ser, tanto no rock como no góspel.
Os Stones móstranse no disco, xunto con Ana Frank, xudea como Dylan, ou Indiana Jones (inseparable, dinos Dylan, da música que John Williams lle dera á película). E é que o de Duluth, leva na falchoca unha chea de referencias, leituras e audicións (e adiccións), como podemos ver nesa canción, de dazasate minutos, “Murder Most Foul”, no que só se nos narra o magnicidio de Dallas, senón que nela o Dylan reiventa América través dunha trabe chea de claves das súas leituras musicais (moitas).
E é que Dylan é, sobre todo músico, véxase “Goddbye Jimmy Reed”, homenaxe a un “bluesman” igualmente categórico. Mais, eis unha das miñas teimas que explorei na miña tese doutoral, non deixa de ser poeta. Neste álbum sumamente críptico, enguedellado na tanza de Mr. Poe ou de William Blake, Mais sobre todo na de Walt Whitman nunha das xoias do disco: “I Contain Multitudes”. Outra, estrictmamente no terreo amoroso, “I´ve Made Up My Mind to Give Myself to You”. Un disco, polo demais, que dentro da súa opacidade reabre as fiestras de aquel rebelde con causa, perplexo diante desa América contradictoria que vén de esganar na Minnesota natal de Dylan ao negro Floyd.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último