PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Contexto
A vida de Cunqueiro, aquel home a dicir de Pere Gimferrer “moi só”, daría –literariamente falando- para pouco. Isto coidando nos parámetros actuáis, onde unha separación matrimonial non é noticia (e que ben). Logo están os avatares bélicos de Don Álvaro, incluido o seu mudar/ virar de chaqueta. Mais iso nun país cunha guerra que levou por diante seiscentos mil seres semella “peccata minuta”, ¿nonsi? Logo houbera un par de falcatruadas, estafas nun tempo onde a picaresca, pregúntenlle a Cela, mesmo no ambiente literario era o pan cotián.
Ora, se a vida de Cunqueiro foi pouca cousa, a súa obra semella tan inxente que dá para ter ocupado ao persoal nos vindeiros mil anos (cando menos). Como as famosas primaveras cal aquelas que o mindoniense agoiraba para a nosa lingua. Oxalá. Desta volta, así e todo, o que nos chama a atención son eses artigos en español, de Cunqueiro, que Miguel González Somovilla vén de recuperar en edición pulcra para a modélica Biblioteca Castro. Cunqueiro non viviu esa vida que hoxe se entende como envexable (entendíase, se cadra, antes da plaga), viaxar en plan tolitatis, ler –caso de facelo- o que mandan as editoras e os críticos ao seu servizo, comer sen criterio nin xeito segundo os “master chef” de turno. Todo o contrario que Cunqueiro, pouco viaxado (mais que unha vez posto en marcha tiraba bo froito das xornadas), leitor compulsivo, do previsible e do imprevisible (desmitificador de Sylvia Plath cando aquí a coñecían catro gatos, o máis grande, o gatazo Cunqueiro, grande tamén no físico), e gastrónomo categórico, por máis que seu fillo, César, notario e escritor, cisme en que non era para tanto.
Esa triple temática, e outras máis, enchen este libro de acertos, brillos e algunha que outra sombra. Pero é que mesmo a literatura de “exaltación patriótica”, se vén asinada por Álvaro Cunqueiro, ten categoría moi por riba da simple anécdota. E pois Don Álvaro deixou non menos de vintecinco mil artigos quédenos o consolo de que nos queda moito, pero que moito Cunqueiro, aínda. Para desfrutalo de vagar. Para soñar con aquel apóstolo da curiosudade perpetua. Dos coñecementos que non sirven. Como saber que os pexegos veñen de China. Ah, pero sí que sirven.
Libro: "Artículos periodísticos. Al pasar de los años (1930-1981)" | Editorial Biblioteca castro | autor Álvaro cunqueiro | precio 47,50€
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo permite acceder al 75% de las viviendas en venta de Ourense
ACOSO LABORAL
El PP reitera que sigue en la oposición en Barbadás