“A música é sentimento”
PLAYLIST
“I’ll have some money someday” e a novidade de Manuel Carballo, músico ourensán que desde 2007 comanda MCarballo, grupo de rock e blues que hoxe completan David Outomuro e Adrián Blanco
Coa canción “I’ll have some money someday” como novidade, o ourensán Manuel Carballo comanda MCarballo desde 2007 con “as mesmas expectativas de sempre: poder saír a tocar e amosar cancións, compartilas co público compartindo enerxía fluíndo positivamente por ambos os lados”.
Ademais de compositor, voz e guitarra de MCarballo, proxecto ao que se suman David Outomuro en batería e percusión e Adrián Blanco en piano e hammond, Manuel -que conta no seu haber grupos como A banda do cruel e Sector límite rock, estudou informática, tivo o ciber máis popular de Ourense e rexentou o café Jam Session-, compaxina a música e as súas clases de artes plásticas e autor de traballos hiperrealistas cuxo requirimento xa excede os límites ourensáns.
-“I’ll have some money someday” é o adianto do teu próximo disco. Que podes contar do que vén? O anterior disco foi en castelán, pero tes antes moitas cancións en inglés. E agora?
-Non publicaremos un álbum físico polo momento. Seguiremos gravando máis cancións e publicándoas en plataformas dixitais para posteriormente recompilar e considerar que formatos físicos imprimir. Realmente non penso a lingua das cancións porque xorden nun idioma ou noutro sen unha orde ou intención establecida. As canciones xa gravadas e as que gravaremos son e nunha liña rock/blues cargada de enerxía.
-Tes unha longa traxectoria e moita experiencia na música, que expectativas tes respecto deste novo traballo?
-As expectativas foron sempre as mesmas: poder saír a tocar e amosar aquelas cancións que van saíndo, compartilas co público compartindo enerxía fluíndo positivamente por ambos os lados. A música é sentimento e saímos a compartilo.
-Que tanta relación hai entre os músicos ourensáns? Reúnense para falar sobre a situación da música ourensá ou intercambiar pareceres?
-Sempre tivemos boa relación, boas conversas e moi bos proxectos nesta cidade. É certo que é difícil sacar adiante un proxecto, buscar un local de ensaio e reunir as condicións para que soe na liña pensada, pero ao final, e con moito esforzo, saen grupos incribles e con propostas moi maduras que nos fan sentir a todos moi orgullosos de poder ofrecer tanta variedade.
-A partir da pandemia, alternas a música co ditado de clases de música e de pintura; como o compaxinas?
-Ben, non é doado abarcar varias facetas, pero voume organizando para sacar todo adiante con gran esforzo e traballo. Do traballo sae todo, así que a seguir con boa enerxía e a por novos retos cada día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Winter Blues Band
GRUPO MUSICAL
Blues Fait en Francia
LA PORTADA DE LA REVISTA
Laura Portas: Los secretos de Mondariz
Lo último