CACHOPO EN A PONTE
Comida para llevar y para comer como en casa, o mejor en Antiga Leitería
Rabo de nube
“Almas y cuerpos” (pouco que ver co título inglés que viría sendo un enxebre “¿Ata onde se pode chegar?”) lembra de máis, pero ao revés, aquela novela de Maxence Van der Meersch, tan lida nos anos cincuenta-sesenta, que é onde arranca este libro de David Lodge, escrito baixo da férula de Graham Greene, quen se deixa ver mentres que a historia non deixa de vogar en liña aberta. Tanto, ou iso pretendía aquel Concilio Vaticano II, dirixido polo Papa Xoán XXIII, aquel bochiño tan boa xente que dá mágoa velo momificado no propio San Pietro. E, claro, para chegar a este os fregueses dun Padre Austin Briarley, axiña perdería o apelativo de Padre cos aires posconciliares, irán mudando os hábitos con que vestían, en senso lato, na igrexa de Nosa Señora e San Xudas, tan londinense cal os rapaces que a ela acoden. Na procura non soamente de axuda espiritual maís de socorros sentimentais, o que fará que varios deles acaben aparellándose/ desaparellándose nos anos por vir. Que David Lodge, ben traducido ao castelán por Mariano Peyrou, contará artellando paralelos entre os acontecementos históricos (a novela comeza en 1952, de maneira que Suez, o “affaire” Profumo, aquel ministro da Guerra británico que partillaba amantes co agregado militar soviético, Viet-Nam, o Maio do 68, son referencia claves) coa propia evolución dos rapaces, logo adultos con todo o que isto implica.
E chegados a este punto compre dicir que o sexo é parte importante na temática de “Almas y cuerpos”. Un xeito de practicalo que mudaría radicalmente coa chegada masiva dos anovulatorios. Deixando atrás as consultas ao calendario, que tantos embarazos non desexados producirá. E é que, como dixera Camões, “mudanse os tempos, mudanse as vontades”. E a maneira de traer ao mundo fillos, igualmente. Por aí os tiros desta novela que reaparece no túnel do tempo, a súa primeira saída, de 1980, da man de Impedimenta, en fermosa edición. E que nos explica a escravitude, en materia sexual, desa rapazada, á que os aires do 68 acabarían por mudar. Novela, en fin, que vale como testemuña dun tempo pasado. Mais que nunca deixou de ficar no aire. Porque, xa se sabe, “Con la Iglesia hemos dado”, que non “topado” como adoita dicirse erradamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CACHOPO EN A PONTE
Comida para llevar y para comer como en casa, o mejor en Antiga Leitería
LA REVISTA
La playlist de... Arrhythmia
Lo último
AUDIENCIA PROVINCIAL
La justicia impide a un maltratador “rebautizar” a su hijo de tres años
La Región
"Mi" Semana Santa 2026
SEMANA SANTA
O San Benito da Uceira, en Sandiás, volveu ve-lo sol
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
"¡Ti cala!"