LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
Por máis que teimen os canceladores, a parvada non ten cancelas, ¿mais quen llas pon ao campo?, a Camilo José Cela non hai quen o dea parado. Porque é xa un clásico, e aos clásicos, xa se sabe, nin a “Marina Mercante” é quen de perxudicalos. Así que non sorprenderá que o Centro Galego de Arte Contemporánea teña artellado sabedor (e sabido) seminario sobre “Camilo José Cela, la palabra y la imagen”. Unhas xornadas que ven a luz agora en forma de libro. Que ilustra unha das fotos neoiorquinas dun libro celiano sobre Nova York, con fotos –tamén- de gais, en Coney Island, por exemplo, e pés que lembran a “La Fotógrafa” e o “Astillas”, de “La colmena”. E é que Camilo José Cela é todo agás a corrección política.
Adiantado ao seu tempo, Cela fora quen de chimpar nas augas lamacentas da España da posguerra, un artefacto tan revulsivo como “La familia de Pascual Duarte”. Película despois, como “La colmena”; estudadas neste libro, que non minte co seu título, polo moi cinéfilo Darío Villanueva. E deses aspectos cinematográficos celianos ocupase o tamén galego José María Paz Gago. E é que Cela, home cunha inmensa capacidade de traballo, foi ademais de escritor (e pintor, por máis que non dera callado nesta faceta) actor. Ao menos en tres películas, ademais do “cameo” que interpreta na versión que Mario Camus fixera de “La colmena”.
Logo destes alardes cinematográficos o seminario centrouse na fotografía, como xa apuntei, e nos diferentes ilustradores que se ocuparon das entregas de Camilo José Cela. Un deles, Lorenzo Goñi, quen tamén asinara, “et pour cause!”, como Suárez del Árbol, autor do mítico cartaz bélicamente republicano: “I tú? Que fas per la victoria?”. Como para non camuflarse nos anos de chumbo que seguiron á contenda civil! E dígase de paso que Cela, tan desacreditado polos “canceladores”, fixo moito por traer ao rego a escritores e artistas exiliados ou represaliados. E é que, como o padrones dixera, referido iso si a outro conto: “Este país non dá máis que para unha idea”. Aportación moi brillante é a de Marisa Sotelo Vázquez, titulada “Cela y Picasso: proyectos compartidos”. Unha pequena xoia nun libro importante na bibliografía celiana. E, como era o propio, moi ben ilustrado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
Sílvia Rábade e Carlos Tajes
“Arder”: STOP incendios
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Arias, el doctor ourensano que cuida del cerebro
LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
Lo último