Rock feito en Ourense

PLAYLIST

Raiade, coa súa presentación o pasado 14 de setembro no Noucillas Fest e o próximo show con motivo do aniversario do webzine "Canedo Rock" o 26 de outubro, é unha das novas promesas do rock ourensán

Raiade.
Raiade.

Raiade“vén da raia, de non retorno, a fina liña de deixar o pasado atrás e de comezar unha nova viaxe sen rumbo e sen volta ata o máis alto que nos poda levar a vida”. A definición é de Xavi Sotelo, voz do grupo que completan Cristian Balsa en baixo e voz secundaria, Fede Pérez en guitarra e coros, Noe Vázquez en guitarra e coros e Dani Pereira en batería. Seica o nome teña que ver con que xa formaron parte doutras formacións (Contra as cordas, Bergallazo, We ride e outros etcéteras) e é agora cando fan a súa gran aposta nunha Ourense da que senten “moi orgullosos”. “Somos o que somos, de onde somos, é a nosa esencia”, afirma Xavi, cuxo grupo presentouse en sociedade o pasado 14 de setembro no Noucillas Fest, xunto aos seus colegas Prosmas e Malheira.

Como xurdiu a idea de formar o grupo e que metas propuxéronse?

Pois o grupo nace por propia inercia creativa. Tiña unha serie de escritos e ideas de cancións, e decidín aprender a tocar a guitarra para darlles forma, eso unido a aprender a funcionar cos programas de producción musical, foi collendo forma. Despois xa se foron sumando o resto, que melloraron infinitamente o que había, e o resultado é o que se ve ata agora.

Como definirías o voso estilo?

O estilo e principalmente punk-rock diria eu, ainda que a min persoalmente non me gusta etiquetarme, pois temos influencias varias xa que escoitamos musica de todo tipo.

Ser un grupo ourensán, implica algunha limitación?

Pa min non, adaptamonos as nosas circunstancias e damos tralla cara adiante. Somos o que somos, de onde somos, e estamos moi orgullosos, é a nosa esencia.

En Ourense hai poucos sitios onde tocar e pouco público de rock. Teñen planeado saír a tocar fóra?

Nos tocamos igual sexa pa vinte que para mil, a actitude é a mesma, sentimos o que facemos, levámolo dentro, así que da igual sexa onde sexa. E si, como se nos poñen un cohete e temos que tocar na lúa.

En Ourense, hoxe día, pódese ser músico de rock e vivir da música?

Depende; dun día para outro seguramente non, agora cos anos, con constancia e bo facer, todo se pode dar, por qué non? Non creo nas limitacións, tiempo al tiempo.

O 14 de setembro actuaron cos tamén ourensáns Prosmas e Malheira. Como levan entre os músicos ourensáns? Teñen plans xuntos? Comparten experiencias e pareceres?

Si, levámonos ben, e por suposto que facemos cousas xuntos. O de pareceres e demáis non o sei, nós imos o noso roio e facemos o noso camiño sen fixarnos nos demáis.

Contenido patrocinado

stats