"De ronda", un álbum “moi persoal” de Mondra
CARÁCTER AUTOBIOGRÁFICO
“De ronda”, un álbum que o cantareiro e bailador define como “moi persoal” e “moi íntimo”, nin máis nin menos porque ten un carácter autobiográfico, aínda que o coruñés Mondra tamén se anima coa ficción
O cantareiro e bailador Mondra presenta “De ronda”, álbum que chega dous anos despois do seu exitoso debut “ARDEN” -Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024; Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por “Marimondra”-, e que se caracteriza por un tono “moi persoal” e “moi íntimo” segundo di o coruñés Martín Mondragón, que está de xira por toda Galicia coa súa novidade -incluíndo datas como as do 29/31 de agosto no Festival de la Luz (Boimorto) ou a do 31 de outubro/1 de novembro en O Castanhazo (Chantada)-.
Pregunta. O novo disco presenta cancións que contan historias de amor, desamor, relacións sociais. Que tanto hai de autobiográfico nas letras?
Respuesta. -“De ronda” é un álbum moi autoral, por tanto moi persoal, moi íntimo. E calquiera persoa que escoite penso que poide empatizar e relacionar as cancións con vivencias personáis. Eu fixe o mesmo, basearme en vivencias personais, máis tamén hai unha parte importante de construción do relato, de ficción. O que é realidade e ou que é ficción xa queda na imaxinación de cada quen.
P. Cando fas letras que tocan temas sociais como pode ser a imposición do casamento en “Achar con quen casar” ou a dependencia económica nunha parella en “Vale máis un canciño”, crees que quen escoita pode ser motivado a reflexionar respecto diso?
"Penso que a música e ou arte en xeral é política e non hai nada máis potente para transformar a sociedade que a arte"
R. Eu penso que si. Está máis que demostrado cando alguen ven e transmíteche ou que lle fixo sentir ou o que lle fixo pensar unha canción. “De ronda” é un álbum que aparentemente fala de desinhibición, de celebración, hai unha parte moi reflexiva que tamén trae certas mensaxes contundentes: “Achar con quen casar” e unha crítica á monogamia; “Vale máis un canciño” é toda unha crítica contra ou capital. Por tanto si, penso que a música e ou arte en xeral é política e non hai nada máis potente para transformar a sociedade que a arte. Tamén sento a responsabilidade de ter unha plataforma como é ou escenario para co meu granito de area mudar a realidade.
P. En “Se queres”, dis “cántolle a aquel rapaziño que quixen ser algún día”. Como querías ser cando eras un rapaz e que tanto se cumpriu?
R. “Se queres” e sen dúbida unha das cancións máis sentidas do disco. É un tema que vai dedicado a min, fala de aceptación e de amor propio: cántole a todos eses rapaziños que eu foi sendo ao longo do tempo ata chegar ata aquí, que ou lugar onde quero estar e a todas esas facetas que conviven en min. Eu supoño que de neno non me proxectaba en outro lugar que non fose este, dedicándome á música, na miña lingua, sentome moi privilexiado e moi agradecido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Winter Blues Band
GRUPO MUSICAL
Blues Fait en Francia
LA PORTADA DE LA REVISTA
Laura Portas: Los secretos de Mondariz
Lo último