LA REVISTA
La playlist de... Antía Muíño
PLAYLIST
TanDuB, o grupo ourensán que fusiona a música tradicional gnawa con xéneros como el reggae, o drum&bass ou a electrónica, lanza “Saha”, un disco co que está a percorrer Galicia e presentará en Ourense o 16 de maio, no Café Cultural Auriense. “Tocar en Ourense sempre é especial”, aducen Abdeljabbar El Gourd (voz, hajhouj e krakebs), Antón Piñeiro Couto (voz e ilustracións en directo), Carlos “Puntxa” González Rivera (electrónica, percusión e coros), Antonio Iglesias Fernández (baixo e coros), Román Puga Quintairos (guitarra e coros), “Kinhos” Saburido (percusións) e Adrián “Txitxas” Rodríguez Iglesias (batería).
Pregunta. Acaban de lanzar “Saha”, que significa saúde, pero tamén benestar, gratitude ou bos desexos. Como se xestou este primeiro longa duración e por que a mensaxe?
Respuesta. Hai tempo que queriamos plasmar nun disco oficial o traballo que levamos facendo ao longo destes anos, e despois da nosa viaxe a Tánxer pensamos que era o momento. “Saha” fómolo gravando ao longo do 2024, en Escusalla Sonora con Javier Vicalo, e temos que dicir que é tal cual o tiñamos en mente. “Saha” é unha expresión que se emprega para moitas cousas. Pode ser un “que aproveite”, un “saúde”, un “que vaia ben”. Os músicos gnawa adoitan rematar as súas actuacións dicindo “saha koyo”, que podería traducirse por “saúde, compañeiro”. Gustounos tanto a sonoridade como o significado da palabra. E pareceunos que expresa o que queremos transmitir.
P. Nos shows realizan unha pintura en vivo. Como sería unha pintura do voso presente e como sería unha pintura da música ourensá de hoxe?
R. A pintura do noso presente sería semellante aos cadros que pinta Antone ao vivo, que van avanzando e completándose ao longo do concerto. No noso cadro xa se vai vendo o resultado, a mistura de estilos e influencias. Pero aínda nos quedan moitas pinceladas que dar no futuro. No caso da música ourensá sería un collage moi interesante. Neste momento hai tres xeracións de músicos con proxectos en activo, gravando discos, facendo concertos. Imaxina toda a variedade de ideas e estilos que pode haber aí.
P. O 16 de maio presentan “Saha” en Ourense, ten este show algún significado especial por sobre o resto dos da xira?
R. Tentamos tocar en Ourense unha ou dúas veces tódolos anos. É como unha especie de xuntanza coa nosa xente, a que nos leva seguindo dende o principio. Gústanos empezar ou rematar a tempada na casa e ver como esa familia vai medrando pouco a pouco. É a quen máis gañas temos de lle amosar a nosa nova criatura. Tocar en Ourense sempre é especial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño: “Eu canto para soñar”
APRENDER DEL FRACASO
Félix Revuelta: una vida que inspira a los emprendedores
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 26 de marzo
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino