SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño
Nunca saberemos que tería sido do valdeorrés (nado en Córgomo, en 1903) Delgado Gurriarán, do poeta, da persoa implicada no galeguismo de ter ficado aquí logo do drama da Guerra Civil. Non foi así, o heroe de Día das Letras Galegas deste ano marchara a México (logo da Arxentina, o centro neurálxico do exilio galego), e alí exerceu unha vida plena (mesmo casara alí), para morrer en California, en 1987.
Antes viñera a Galicia, vixente aínda a dictadura, tamén en democracia, mais o seu mester de vivir era xa o da Galicia peregrina. Ao redor de Delgado Gurriarán están saíndo unha ampla biobliografía, por máis que a súa vida non sexa xenerosa en feitos, semiperdidos nun exilio que se forxara no páis de Lázaro Cárdenas, aquel presidente que abrira portas aos republicanos. Nunca saberemos que tería sido do Delgado Gurriarán escritor de ter ficado en Galicia. Por onde tería viaxado a súa obra, feita a partir dunha pluma que, de nova, demostraba moi boas maneiras.
Así no libro “Bebedeira” (1934), poesía popular, que non deixa de apuntar xeitos vangardistas, cun aquel de hilozoísmo, que indica por onde podería ter andado o poeta. Logo, a Guerra, e moito despois ese “Galicia infinda” (1963), un dos libros de Galaxia (Salnés), que fica na memoria dos que comezabamos erguer a bandeira de lectores en galego. Outa inflexión na obra dun autor que, desde México, deitara no mar da resistencia antifranquista poemas e consignas, no libro colectivo “Cancioneiro da loita galega” (1943). Aínda viría “O soño do guieiro” (1986), editado pola meritoria, e xa finada, Ediciós do Castro (grande o seu promotor, Isaac Díaz Pardo). De canto se vén pubicando estes días escollo, como iniciación a Delgado Gurriarán, a súa antoloxía, de Galaxia, prologada por Víctor F. Freixanes, con epílogo de Gayoso Díaz.
Dela fico con tres poemas: “Rumba”, erótismo formal e conceptual, “Pintura da feira”, tan valleinclanesco, e ese poema de escarnio (contra dun badulaque) titulado “Carta de Guan de la Era al Doutor Nuevo Campito”. Hai máis, lástima fora, nesta escolma debida a Débora Álvarez Moldes e Margarida Pizcueta Barreiro. Mais eu quería subliñar tres aspectos dunha personalidade múltiple, tronzada polo tempo hostil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño: “Eu canto para soñar”
APRENDER DEL FRACASO
Félix Revuelta: una vida que inspira a los emprendedores
Lo último
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España