"Valuria" é só o principio

playlist

Galician Army estrea “Valuria”, un primeiro disco con temas propios que o dúo galego de música electrónica presentará en vivo en festivais de renome como Musicamino, PortAmérica ou Osa de Mar

Galician Army.
Galician Army.

O dúo galego Galician Army estrea “Valuria”, álbum debut ao que os mesmos Alberto Prado e Sergio Vallejo definen como “só o principio” dunha carreira na que xa levan anos pero que agora proxectan ata con éxito internacional por tratarse de temas propios.

Tras “Nós” (2023), homenaxe á música galega con remesturas de artistas como Luar na Lubre ou Xosé Lois Romero & Aliboria, e asinar colaboracións con Grande Amore & Futuro Alcalde, Cool Nenas ou Mariagrep, chega o cocktail de Synth Wave, Break Beat e Indie patrio que bebe de referentes da electrónica francesa como Justice ou Kavinsky pero enfórnase baixo o paraugas do Indie español. O Musicamino o 20/21 de xuño, o PortAmérica o 5 de xullo e o Osa de Mar o 5/6/7 de setembro son citas ineludibles para coñecer o novo material de Galician Army.

Pregunta. Facedes música como Galician Army desde 2016, con colaboracións e remesturas. Como xurdiu a idea de facer un primeiro disco propio?

Respuesta. Pois se foi dando pouco a pouco. Empezamos facendo directos, logo remesturas e singles, e co tempo fomos atopando un son que sentíamos máis noso. “Valuria” naceu dese proceso, de querer facer algo máis persoal e máis conectado co que levabamos anos imaxinando.

P. Vosa música está moi influenciada pola electrónica francesa. Teñen inspiración local?

R. Si, claro. Encántanos a escena francesa, pero tamén hai moitas cousas que nos inspiran máis preto. Desde o traballo de artistas galegos co que temos colaborado ata o tipo de paisaxes ou sons que temos arredor. Mesmo sen buscar iso directamente, hai algo do local que se cola sempre na música que facemos.

P. Sodes parte do indie?

R. O noso proxecto está moito máis ligado á música electrónica de club e aos sintetizadores que ao indie. A conexión que temos con este movemento vén sobre todo polas voces coas que colaboramos, pero polos nosos referentes sentímonos moito máis parte da electrónica.

P. Canto se cumpriu do que propuxestes cando empezastes a facer música e cales son os vosos desexos para o futuro?

R. Ao principio si que eramos ambiciosos, tiñamos moitas gañas de facer cousas grandes. Os obxectivos fóronse axustando a cada momento da nosa carreira. Hai cousas que xa soñabamos e que se cumpriron, como tocar no escenario principal do Son do Camiño ou colaborar con artistas que admiramos. E agora queremos facer máis discos, colaborar con máis xente e dar o salto internacional. Queremos que “Valuria” sexa só o principio.

Contenido patrocinado

stats