A PROPUESTA DEL CONCELLO
El Gobierno estudia construir un nuevo cuartel de la Guardia Civil en Laza
TRES DÉCADAS NA VILA
Din que hai decisións que marcan unha vida, unha expresión que no caso de Joaquín Jiménez Muñiz (Los Palacios y Villafranca, 1973) cobra un sentido literal. Con 22 anos, e tras realizar estudos de enxeñería técnica agrícola na súa Sevilla natal, decidiu cumprir dunha vez coa prestación social substitutoria, actividade que tiñan a obriga de desenvolver os homes que quedaran exentos de facer a “mili” ao por ser obxectores de conciencia.
Sen ningún tipo de ligazón con Galicia, chegou a Laza o 15 de novembro de 1995 para traballar durante 12 meses en Protección Civil. Trinta anos despois sigue aquí, residindo en Matamá coa súa muller e dous fillos lazaos.
Este sevillano, coñecido como “Xocas”, lembra que a súa escolla foi casual: “Dábanche un enorme libro laranxa con destinos ata no estranxeiro. Como nunca estivera no norte, marquei varios e tocoume Laza”. Exprésase nun galego perfecto, co mesmo acento ca calquera outro veciño. “Non me custou aprendelo, ao principio metía a zoca, pero para min era algo natural falar a lingua da xente”, afirma pausadamente.
Recén chegado, coincidiu con outro sevillano de Dos Hermanas, co que adoitaba comentar “como carallo sería o Entroido, nós só coñecíamos o Carnaval de Cádiz. Ata que fomos ao primeiro folión e vimos o equivocados que estabamos”. Joaquín non tardaría en descubrir o son dos chocos e comprender o espírito desta festa, converténdose nun entroideiro máis. Malia todo, di que “nunca o puxen o Peliqueiro; o meu día favorito é o Luns Borralleiro, co barro, a fariña e as formigas”.
Namorado da vila e da súa xente en apenas uns meses, en maio do 96 coñeceu a María, o seu gran amor, coa que casaría tres anos despois e por quen cumpre tres décadas en Matamá. A parella é un piar vital desta “república independente” e da asociación veciñal, coa que organizan obradoiros, andainas, festas, paparotas e todo tipo de eventos que reforzan os vencellos entre os seus habitantes.
Co seu destino xa marcado, Xocas desenvolveu os primeiros anos todo tipo de postos relacionados coas brigadas forestais e a protección civil. No 2004 entrou na Brigada de Refuerzo en Incendios Forestales (BRIF) de Laza, creada daquela polo Goberno.
Alí foi acumulando contratos temporais, con algunhas parénteses, ata que no 2008 integrou o persoal definitivo, da que se acaba de despedir tras 17 anos: “Viña arrastrando problemas nun xeonllo e diagnosticáronme unha condropatía de grado III que, por máis que o intentei, xa non me permite traballar”.
Mentres se recupera dunha operación na articulación, Joaquín vaise adaptando á nova situación e a ter moito tempo libre. “Vou practicar máis a fotografía, unha das miñas grandes paixóns”, asegura. Pero se algo ten claro é que non se vai mover de Laza: “Moito xente cre que son de Matamá de toda a vida, e o certo é que así é como me sinto”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A PROPUESTA DEL CONCELLO
El Gobierno estudia construir un nuevo cuartel de la Guardia Civil en Laza
ENTROIDO EN LAZA
Os Peliqueiros deron as últimas carreiras do ano
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Le quedan dos telediarios
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Burundanga en la Casa Blanca
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El Gobierno estudia medidas para paliar daños de la guerra
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 11 de marzo