Bulfoni e Víctor Pérez, no campus de iniciación de Meis
Os integrantes do club Blusens Monbus, Javier Bulfoni e Víctor Pérez, asisten hoxe ao campus de iniciación que organizan o concello de Meis e o club Xuventude Cambados.
Os integrantes do club Blusens Monbus, Javier Bulfoni e Víctor Pérez, asisten hoxe ao campus de iniciación que organizan o concello de Meis e o club Xuventude Cambados. O aleiro arxentino e o axudante de Moncho Fernández no corpo técnico están na localidade pontevedresa desde as 11.30 horas canda os nenos que acudiron ao campus no que empezan a ter as súas primeiras nocións de baloncesto.
Alí, comparten as súas experiencias cos máis pequenos que, en moitos casos, é a primeira vez que acoden a unha concentración deste tipo e intentarán aprender o máximo dos seus ídolos, ambos os dous integrantes do único equipo galego na ACB.
Durante o verán será habitual que os membros do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto acudan a este tipo de actividades, como xa fixo Alberto Corbacho nas últimas semanas e Moncho Fernández antes ca el.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales