Davila (BNG) pide a Fomento que aclare os seus plans sobre as autovías A-59 e A-57
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa na que pide ao Ministerio de Fomento que aclare cáles son as previsións sobre as autovías A-59 e A-57,
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa na que pide ao Ministerio de Fomento que aclare cáles son as previsións sobre as autovías A-59 e A-57, dúas infraestruturas 'de grande interese para Pontevedra'. A nacionalista diríxese a Fomento para sinalar que fai un ano que transcendeu que o Goberno estatal aprobara, de forma provisional, e sometido a información pública todo o trazado da a-59 entre Pontevedra e Vigo. 'A idea é que se trate dunha autovía libre de peaxe, unha alternativa á ponte de Rande, que si é de pagamento,', indicou.
Sobre a A-57, Davila expuxo que 'as perspectivas non parecen moi prometedoras a curto e medio prazo', dado que 'parece que ía sufrir un atraso' na súa realización'. Por iso, reclamou o ministerio que explique cáles son os seus plans ao respecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Jamón