Detidas dúas persoas por senllos incendios forestais en O Carballiño (Ourense) e Coristanco (A Coruña)
A Policía Autonómica detivo dúas persoas como presuntas autoras de senllos incendios forestais rexistrados nos municipios de O Carballiño (Ourense) e Coristanco (A Coruña).
A Policía Autonómica detivo dúas persoas como presuntas autoras de senllos incendios forestais rexistrados nos municipios de O Carballiño (Ourense) e Coristanco (A Coruña).
O pasado 14 de maio foi imputada unha veciña de O Carballiño como presunta autora dun incendio forestal no lugar de Gouxina, que afectou a unha superficie de 4.300 metros cadrados, maioritariamente de monte raso.
Segundo explica a Consellería de Presidencia, o incendio produciuse pola realización de catro queimas de restos vexetais, sen ter en conta as medidas de seguridade preceptivas.
Por outra banda, foi imputada unha veciña de Coristanco como presunta autora dun incendio forestal acontecido no lugar de Pereiras, na parroquia de couso. Este lume afectou a unha superficie aproximada de 300 metros cadrados de monte arboredo, provocado pola realización dunha queima, na que non tomaron as medidas de seguridade preceptivas.
Na extinción de ambos os dous lumes, segundo resalta a citada consellería, foron necesarios os labores do Servizo de Extinción de Incendios de Galicia. A Policía Autonómica detivo 76 persoas no que vai de ano por delitos relacionados con incendios forestais na Comunidade galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCUENTROS CON LA COLECTIVIDAD
Gimena Llamedo visita el Centro Asturiano de Zaragoza durante su estancia en la capital aragonesa
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
CAUSAS POR INVESTIGARSE
Dos heridos, uno grave, tras un accidente de una avioneta en Caldas de Reis