O xuízo Mobles Hermida desvela que ten 11 millóns reservas voluntarias
O xuízo celebrado o mércores contra o expediente de regulación de emprego (ERE) de Mobles Hermida serviu para desvelar que 'a empresa conta cunhas reservas voluntarias de 11 millóns de
O xuízo celebrado o mércores contra o expediente de regulación de emprego (ERE) de Mobles Hermida serviu para desvelar que 'a empresa conta cunhas reservas voluntarias de 11 millóns de euros que lle permitirían continuar coa súa actividade durante 10 anos sen ter que despedir ningún traballador'. Así o afirmou nunhas declaracións o avogado de 50 dos 75 traballadores afectados polo ERE, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, quen presentou no xuízo unha proba pericial a través dun informe elaborado por un economista.
Segundo o documento, a empresa conta cunhas reservas voluntarias de 11 millóns por acumulación de beneficios, 'e non pode ser que un ano que hai balance negativo, digan que é un diñeiro que non se pode tocar porque é dos socios', despois de levar a cabo 2 ERE máis o pasado ano.
Rodríguez Feixóo entende que o informe derruba os argumentos da empresa, 'que ademais conta cun crédito de 3,5 millóns de euros e recibiu 15 millóns en subvencións nos últimos 8 anos'.
Está previsto que nun prazo de 20 días se faga pública a sentenza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)