Xosé Manuel Piñeiro
ENTREVISTA
enten?? A XENTE FIDELIZA E DESPOIS BOTA DE MENOS ?S PRESENTADORES NA TELEVISI?N'
Xosé Manuel Piñeiro é unha desas persoas que semellan ser elixidas pola audiencia. Todos os seus programas -desde o mítico ??Supermartes?? ata ??Acompáñenos??, pasando polo ??Téquele??cóntanse por éxitos. O último, ??Tantarantán??, que se emite nas noites de venres de verán, non podía ser menos. Suma vostede un novo éxito. Cal é o segredo deste programa? Creo que é todo o anterior. Demostrouse que o público da noite tiña gañas de recuperar a Piñeiro na televisión. O programa da tarde (Acompáñenos) funcionou perfectamente, foi unha aposta no seu día marabillosa e espero volver facelo algún día, pero é verdade que a hora de maior consumo televisivo é a noite e penso que foi eso: reencontrarme co meu público e o público reecontrarse comigo. Que ten vostede para conectar tan ben coa audiencia? Creo que é ser moi natural e moi honesto. Eso de ser natural ás veces ten perigos porque case te manifestas como es e deixas entrever moito de ti, pero creo que indo por aí é como un pode manterse neste mundo tan complicado e facerse un oco na programación. ? importante que o público te vexa e crea o que estás dicindo. ??Tantarantán?? é un programa de verán. Verémolo na próxima tempada televisiva, con este ou outro formato? Iso é o que espero e desexo. Agardo non ter un ??ano horribilis?? como o pasado porque un ano de espera é moito. Dous xa sería tremendo. Agardo que esta volta xa sexa para quedarme, non sei con que producto. Un pouco esa foi a ilusión coa que se traballou neste programa. ??Tantarantán?? fíxose con moito esforzo, moi adaptado ós tempos de crise nos que vivimos e con moitísimo esforzo. O director, Miguel García, deixou a pel no programa e había que facelo con máis gañas que medios. Fíxose e o resultado está aí. ? líder de audiencia nas noites do venres e fai líder á cadea nese día, polo que a aposta estivo ben. ? difícil entender que un presentador que é unha aposta segura teña un parón dun ano. A veces si é difícil de entender, pero son cousas ás que un non quere darlle demasiadas voltas. Non o sei, é complicado de explicar. Son as cousas da televisión. Ás veces estás e outras non, e non che queda máis remedio que esperar a que alguén decida que volvas estar e cun producto determinado. Que programa lle gustaría? Eu creo que toquei xa varios paus e funcionaron. O que máis me apetecería sería un ??talk show?? de noite, onde poda haber un pouco de todo e facer o que eu sei: que é show. Sei que algunha productora ten algún proxecto enriba da mesa para min pero non sei se se vai levar a cabo ou non. As emisións do ??Tanta-rantán?? están todas gravadas, son oito programas e se fixo probado para o verán. Colleitou un grande éxito na Ra-dio Galega. Ten aparcado este medio? Eu non teño aparcada a radio. A radio tenme aparcado a min. Durante 10 anos fun líder de audiencia na Radio Galega. Podo presumir de ter o programa de maior consumo radiofónico en Galicia e nos últimos cinco anos non só non traballei na radio senón que a primeira entrevista que tiven foi cando empecei o ??Tantarantán??. Isto é así: durante cinco anos non só non traballei senón que nin sequera me chamaron para unha entrevista. Non sei se o éxito ten uns prezos que un non acaba de entender moi ben... Como se ve vostede na televisión actual? Agora coa TDT hai moita oferta televisiva pero o público quere ter referentes televisivos, tanto no que atinxe ós programas como ás persoas. Eso é así. Fixen un traballo -o Supermartes foi un máster televisivoe eso o teño gañado. Hoxe estou no mellor momento da miña carreira, síntome un comunicador con gañas e coa mesma ilusión que cando empezou o Supermartes, no 92. A xente segue a ver en vostede a Superpiñeiro ou nota certa distancia daquelo? Para nada. Aínda hoxe me seguen preguntando cando volve Supermartes. A xente fideliza e bota de menos ós presentadores. Viviu unha etapa profesional en Murcia. Volvería marchar? No seu día tiven ofertas reais de cadeas a nivel nacional e dixen que non. Máxime hoxe que teño a miña vida aquí, a miña familia e é aquí onde quero traballar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
El Gobierno desmonta los bulos sobre el proceso de regularización de migrantes en España
VISITA AL VATICANO
Pradales se reunirá con el Papa el 13 de mayo en el Vaticano
Lo último