guerra de Ucrania
Putin se abre a "dejar de atacar" Ucrania para que celebre elecciones
mar
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia incautáronse de case 200 aparellos de pesca e uns 250 quilos de diversas especies en distintos operativos realizados polo litoral galego nos últimos oito días.
Na Ría de Arousa os gardacostas desenvolveron varios operativos que se saldaron coa incautación de 96 artes e máis de 95 quilos de peixe e marisco. A actuación máis importante, segundo explica a Consellería do Medio Rural e do Mar, realizouse o pasado xoves cando se requisaron 86 nasas de polbo e dez quilos de nécora e conguito.
Ademais, nas zonas dos municipios coruñeses de Rianxo e Ribeira os axentes conseguiron dúas embarcacións que carecían de folio. Mentres, en varios labores de inspección desenvolvidos en Vigo, os Gardacostas se incautaron de case 15 quilos de carioca e centolla e dun salabardo.
Mentres, noutros operativos en A Coruña tanto na costa coma na cadea de comercialización, requisáronse 96 artes, sobre todo nasas sen identificar, e interviñéronse case 90 quilos de distintas especies de peixe e marisco, a maioría de peixe espada e xurelo.
MUROS E NOIA
Na Ría de Muros e Noia tamén se realizou unha intervención, que se saldou coa incautación de máis de seis quilos de ameixa babosa. Por outra banda, en Ferrol os axentes do servizo dependente de Mar comisaron máis dun quilo de diversas especies. Na zona de Laxar, os axentes levaron a cabo outra inspección na que requisaron 24 quilos de xurelo.
A maiores, na Ría de O Barqueiro, os Gardacostas interviñeron máis de 13 quilos de percebe e polbo de talle antirreglamentaria e con tres aparellos de pesca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Afonso Vázquez-Monxardín
Saudade do PSdG
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Navidad sin ti
MEDIOS PÚBLICOS EN EL FOCO
Pombo niega que la TVG y la radio galega cedan audiencia