FIN DE SEMANA EN FAMILIA
La estación de montaña de Manzaneda se disfraza de Samaín
FESTA TRADICIONAL
A vila de Manzaneda viviu unha xornada chea de música, tradición e participación veciñal coa celebración dunha nova edición de “Os cantos de adega”, organizada pola Asociación de Veciños Vila de Manzaneda e a Asociación Cultural A Rebusca, coa colaboración do Concello de Manzaneda.
O evento, xa consolidado como referente na promoción do patrimonio local, diferénciase dos cantos de taberna ao desenvolverse en adegas particulares, ademais dos bares O Pendón e O Nevada, creando un roteiro musical único pola localidade.
Nesta edición participaron sete grupos —Sondailla, As Macizas Centrais, A Quinchousa Oscura, Os desgraciados xeitosas, Tornaxeira, Os trabazos e Abertal— que actuaron en distintos puntos desde as 19.00 horas, enchendo as rúas e adegas de ambiente festivo. A xornada, marcada polo bo tempo e a alta participación, prolongouse ata a medianoite, cando a festa continuou no local da Rebusca ata altas horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIN DE SEMANA EN FAMILIA
La estación de montaña de Manzaneda se disfraza de Samaín
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
Lo último