CITA CULTURAL
Vuelve a sonar en Manzaneda el Festival Rebusca
PAIXÓN ECUESTRE
O son das ferraduras mesturouse co arrecendo do outono este domingo en Manzaneda, onde preto de trinta cabalos e xinetes déronse cita para compartir unha xornada de amizade, natureza e tradición polos camiños que esta vila medieval e Trives.
Manzaneda e Sobrado de Trives pecharon o mes de setembro coa segunda edición da Ruta a Cabalo Sobrado-Manzaneda. Preto de trinta cabalos, cos seus xinetes e amazonas, non so destes concellos, senon chegados de concellos limítrofes, como Castro Caldelas, percorreron uns 25 quilómetros polos sendeiros da montaña ourensá, convertendo a xornada nun encontro de amizade e natureza unida á paixón ecuestre de todos os participantes.
A saída, prevista para as 09,30 horas, atrasouse unha hora entre saúdos, apertas e últimos preparativos. A mañá amencera gris, con ameaza de chuvia, mais o tempo acabou dando unha tregua: o sol acompañou aos participantes durante un percorrido cheo de encanto. Polas corredoiras e viñedos de Sobrado, Mendoia e A Corga, o grupo avanzou entre soutos e aldeas ata chegar a Trives e, máis tarde, a Vilanova, onde se fixo a parada máis grande da xornada. Alí, con empanadas, bica de Trives e bebida fresca, os xinetes repuxeron forzas mentres os cabalos descansaban á sombra. Toño Blanco, un dos organizadores do encontro, agardaba ao grupo coa “mesa posta” e o petisco de media mañá agardando.
Xa con novo pulo, retomaron o camiño cara a O Carballal, Castro e varios barrios de A Encomenda, para logo cruzar Acevoso e achegarse ao Souto de Rozavales. O milenario Castiñeiro de Pombariños ergueuse diante deles maxestoso, coma un símbolo do paso do tempo. O itinerario concluíu no casco antigo de Manzaneda, onde entraron pola Porta da Vila, lembranza do pasado medieval da vila, e deixando que ese son das ferraduras pechara do mellor xeito unha xornada inmellorable.
Todos coincidían ao remate de que era unha ruta paisaxística espectacular, nun día perfecto. Adrián Álvarez, xa co percorrido rematado, afirmaba que “esto é o que nos gusta, pasar o día xuntos, sen nigunha prisa nin competición, co único fin de disfrutar montados nos cabalos polo noso monte”, e concluía engadindo “esperamos facer outras máis e sempre mellorando”.
Ao final da ruta, no Hostal O Pendón, xinetes e amazonas compartiron mesa, historias e risas, reforzando esa convivencia que é o verdadeiro espírito da cita
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CITA CULTURAL
Vuelve a sonar en Manzaneda el Festival Rebusca
INTERNET Y TELEFONÍA
Los fallos de conexión ponen en jaque al este de Ourense
Lo último
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de diciembre?