FIN DE SEMANA EN FAMILIA
La estación de montaña de Manzaneda se disfraza de Samaín
INNOVACIÓN
O Concello de Manzaneda pon en marcha esta semana un programa de actividades participativas centradas no emprendemento innovador e na posta en valor dos recursos naturais da comarca. Estas iniciativas están dirixidas a persoas emprendedoras ou interesadas en desenvolver proxectos nos concellos de Caldelas, Trives e Valdeorras, e contarán coa participación de expertos e representantes institucionais vinculados á xestión do territorio e ao desenvolvemento rural.
A primeira das citas terá lugar este martes, 18 de febreiro, ás 12,00 horas no Centro Interxeracional de Manzaneda, coa presentación de Territorio Soutos, un proxecto que busca transformar o territorio mediante iniciativas sostibles baseadas no aproveitamento dos soutos e outros recursos autóctonos. O evento será conducido polo Polo de Emprendemento do Barco, a Fundación Ronsel e a entidade León Startup. Ademais haberá unha degustación de produtos locais, un espazo pensado para fomentar a xeración de sinerxías entre os asistentes, e quenes o desexen poderán unirse a unha camiñata circular de cinco quilómetros ata o Monumento Natural Souto de Rozavales, onde se atopa o milenario Castiñeiro de Pumbariños.
A segunda actividade desenvolverase o venres, 21 de febreiro, ás 19:00 horas, tamén no Centro Interxeracional de Manzaneda, coas Conversas no Macizo Central. Neste encontro presentarase o libro Nacenza e Curro da Mosenda. Compendio de fotografías, unha obra de Amador Lorenzo que documenta, desde 2014, a vida dos habitantes do Macizo Central de Queixa e Manzaneda e a súa estreita relación coa agricultura e a gandería. Ademais, neste evento organizaranse as primeiras actuacións para o acondicionamento dos curros de pastores da Mosenda e do Forxo, en colaboración cos gandeiros da zona.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIN DE SEMANA EN FAMILIA
La estación de montaña de Manzaneda se disfraza de Samaín
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
Lo último