TRASLADADO EN HELICÓPTERO
Herido un matrimonio septuagenario en una salida de vía en Langullo, Manzaneda
RAIGADA E O BAO
O Concello de Manzaneda vén de recibir a confirmación dunha nova achega económica da Deputación de Ourense, que destinará 100.000 euros a diferentes obras de mellora no municipio. A partida está incluída na modificación de crédito aprobada polo Pleno provincial o pasado venres, que supón un investimento total de 6,24 millóns de euros en diversos concellos ourensáns.
En concreto, os fondos asignados a Manzaneda permitirán levar a cabo tres actuacións prioritarias para a mellora de servizos básicos e infraestruturas locais.
A primeira delas será a execución dun novo pozo de barrena en Cimadevila, unha medida dirixida a garantir un subministro de auga máis estable e seguro, especialmente durante os períodos de seca. Esta obra responde a unha demanda veciñal e busca reforzar a rede municipal de abastecemento.
Outra actuación permitirá completar a estrada que conecta o núcleo de Cimadevila coa vía xeral. A primeira fase destas obras xa está adxudicada e coa nova achega rematarán o tramo restante, pavimentando todo o percorrido con aglomerado para mellorar o tránsito de vehículos, segundo sinalan desde o consistorio.
A terceira das intervencións previstas céntrase na mellora da estrada que une Raigada e O Bao, á que se destinarán arredor de 45.000 euros. Os traballos consistirán principalmente na execución de cunetas en formigón, co obxectivo de mellorar o drenaxe da vía e aumentar a súa durabilidade e seguridade, especialmente en épocas de choiva intensa.
Dende o Concello destacan que estas actuacións forman parte dun plan continuado de mellora das infraestruturas municipais, respondendo ás necesidades dos veciños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRASLADADO EN HELICÓPTERO
Herido un matrimonio septuagenario en una salida de vía en Langullo, Manzaneda
FESTA TRADICIONAL
Os cantos polas adegas percorreron Manzaneda
CINCO ADEGAS DE VECIÑOS
Os Cantos de Adega regresan a Manzaneda
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense