VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
RAÍCES
O Centro de Día de Manzaneda foi o escenario da xornada do ciclo “Conversas nas Raíces do Macizo Central”, unha iniciativa do Concello de Manzaneda para poñer en valor os aspectos senlleiros do seu territorio. Nesta ocasión, o evento estivo dedicado á figura dos pastores dos curros e contou coa presentación dos libros Nacenza e Curro da Mosenda, do fotógrafo Amador Lorenzo.
O autor, que leva retratando a vida e os habitantes do Macizo Central dende 2014, centrou a súa intervención nunha proxección de imaxes que reflectían a actividade gandeira e a singularidade dos curros. Durante a presentación, os propios pastores compartiron as súas vivencias, emocionando ao público coas súas historias e transmitindo o profundo vínculo que manteñen coa súa terra. Todos afirmaban que “isto tíñase que dar na escola”.
A segunda parte da xornada estivo dedicada á exposición dos proxectos de mellora e adecuación dos curros da Mosenda e do Forxo, grazas ao financiamento de Agader e da Deputación de Ourense, respectivamente. As actuacións previstas teñen como obxectivo mellorar a funcionalidade e a conservación ambiental destes espazos, respectando o seu uso tradicional durante o verán.
O evento pechouse cunha petiscada grupal, onde os asistentes continuaron debatendo sobre o futuro dos pastores e das tradicións gandeiras da zona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
PROGRAMA MODO VERÁN ACTIVO
Manzaneda, escenario del verano activo de 420 jóvenes
XVII CERTAME CELTIBÉRICO
Manzaneda volve ser a capital da gaita
Lo último
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar