31 EDICIÓN
Montederramo presume de carne
FERRAMENTA CLAVE
Os parlamentarios populares Cristina Campero, Miguel Ángel Viso, José Luis Ferro e Víctor Baladrón, xunto cos concelleiros Manuel Rodríguez e Lorena Pérez, mantiveron o venres un encontro con gandeiros de Montederramo no que puxeron en valor a creación de pasteiros para a recuperación das zonas queimadas, nos que a Xunta investirá catro millóns este ano.
Os pasteiros son unha ferramenta para mellorar a dispoñibilidade de pastos de calidade para o gando, favorecer a recuperación de zonas queimadas e contribuír á prevención de futuros incendios ao crear áreas de descontinuidade vexetal.
Os deputados tamén visitaron varias explotacións gandeiras do concello para coñecer os danos ocasionados pola recente vaga de lumes e prestar apoio o seu para solicitar as axudas dispostas pola Xunta para avanzar na reparación dos danos.
A Consellería do Medio Rural xa atendeu a máis de 750 persoas afectadas polos lumes e tramitou ata o momento preto de 150 axudas directas a través das oito liñas de apoio destinadas a agricultores, gandeiros e titulares de montes, que cobren ata o 100 por cento do investimento necesario para recuperar infraestruturas, maquinaria, alimento ou produción perdida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
31 EDICIÓN
Montederramo presume de carne
EXPOSICIÓN DE GANDO VACÚN
Montederramo prepara su gran Feira da Carne
Lo último
40KM/H CUANDO FALLE LZB
Iryo reclama en una carta protocolos más duros en la alta velocidad tras la tragedia de Urda